Saltar ao contido

Warpaint (grupo musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Warpaint
Imaxe
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Discografía
Implicados
 Selo discográfico
Datas
 Fundación / creación
2004 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
2004 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
VIAF166142063 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000114050285 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/076zbfp Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: warpaintwarpaint Twitter: _Warpaint Instagram: warpaint Tumblr: warpaintwarpaint MySpace: warpaint Youtube: UCiq2C248p6QSArxe0qTI6Tg Bandcamp: warpaintSouncloud: warpaintwarpaint Spotify: 3AmgGrYHXqgbmZ2yKoIVzO Apple Music: 305664605 Last fm: Warpaint Musicbrainz: cf82a38f-9413-4333-bacb-ca5b6db95794 Songkick: 715080 Discogs: 1460776 Allmusic: mn0002337083 Deezer: 394885 Genius: Warpaint Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Warpaint é unha banda estadounidense de art rock formada no Ánxeles (California) en 2004. Os seus membros son Emily Kokal (voces, guitarra), Theresa Wayman (guitarra, voces), Jenny Lee Lindberg (baixo, voces) e Stella Mozgawa (batería, voces). Tamén pasou polo grupo a actriz Shannyn Sossamon. O antigo guitarrista de Red Hot Chili Peppers John Frusciante mesturou e masterizou o EP de estrea da banda, Exquisite Corpse, mentres saía con Emily. O seu primeiro álbum, The Fool, foi publicado o 25 de outubro de 2010. Recentemente lanzaron o seu segundo álbum de estudio, Warpaint, editado en xaneiro de 2014.

Warpaint creouse o 14 de febreiro do ano 2004 na cidade dos Ánxeles. A formación orixinal estaba formada polas amigas da infancia Theresa Wayman e Emily Kokal, xunto coas irmás Shannyn Sossamon e Jenny Lee Lindberg. A banda tocou na zona dos Ánxeles durante tres anos, compoñendo temas ("Stars", "Beetles" e "Elephants") que finalmente formarían o seu EP de estrea, Exquisite Corpse.[1] Segundo Jenny Lindberg nunha entrevista para The Guardian en 2011, a banda orixinalmente tiña o nome de World War 4 e cambiouno a Warpaint só despois de escribir a súa canción "Warpaint" (que levaban tocando anos pero que apareceu por primeira vez no seu LP The Fool). "Preguntáronme unhas cantas veces: 'Oh, por que lle puxeches [á canción] 'Warpaint'?', coma se estivésemos a chamar á canción polo noso grupo, cando en realidade é ao revés".[2]

Exquisite Corpse

[editar | editar a fonte]

O grupo comezou a gravar o seu primeiro EP en decembro do ano 2007, ao lado do produtor Jacob Bercovici. As sesións de gravación duraron dúas semanas, e remataron coa mestura e masterización do entón guitarrista de Red Hot Chili Peppers John Frusciante, que era mozo de Emily nese tempo. Warpaint auto-editou o EP no ano 2008 e este chegou rapidamente ao número 1 da lista de artistas locais de Amoeba Records. En 2009, Exquisite Corpse foi re-editado en todo o mundo a través do selo Manimal Vinyl coa aclamación da crítica. A canción "Elephants" apareceu na película independente de 2011 Siren, un filme de terror dirixido por Andrew Hull.

A batería Stella Mozgawa uniuse á banda no inverno do 2009. Pouco despois Warpaint asinou un contrato con Rough Trade Records, e inmediatamente comezou unha extensa xira polos Estados Unidos e Europa, na cal chegaron a abrir un concerto para The xx.[3]

O 6 de decembro de 2010 a BBC anunciou que Warpaint fora nomeada para a enquisa Sound of 2011 da BBC e que serían as estrelas da portada do número de lanzamento do inverno de 2010 da revista Beat.[4]

O 25 de outubro de 2010 a banda editou o seu álbum de estrea, The Fool. Antes do seu lanzamento, Warpaint contribuíu coa versión do tema "Ashes to Ashes" a We Were So Turned On, un álbum tributo a David Bowie publicado xunto con War Child.

No mes de novermbro a banda revelou que o tema "Shadows" sería o primeiro sinxelo do disco, aparecendo en vinilo de 12" e como descarga dixital o 10 de xaneiro do 2011. Unha remestura do sinxelo, "Shadows (Neon Lights Remix)", fíxose popular e chegou a soar na BBC Radio 1, como parte do In New Music We Trust.

Warpaint estivo de xira polos Estados Unidos e Europa na primavera e no verán do 2011 para promover o traballo. A banda tocou en varios grandes festivais como Bonnaroo, Glastonbury Festival, Reading and Leeds Festivals, Coachella Valley Music and Arts Festival, Rock Werchter e Electric Picnic.

No ano 2011 a reedición de "Undertow" chegou ao número 92 no Reino Unido, e ao 75 en Australia.

Warpaint ao vivo en 2014

A principios do ano 2011 a batería Stella Mozgawa, nunha entrevista á revista NME, expresou a intención da banda de "experimentar e compoñer as unhas coas outras", xa que as actuais membros nunha escribiran cancións "dende cero" xuntas. A baixista Jenny Lee Lindberg indicou ademais que a meirande parte das cancións máis novas compuxéranse improvisando no escenario[5]. En febreiro de 2013 a guitarrista Theresa Wayman confirmou a NME que o grupo pretendía crear un son minimalista, revelando que estaban desenvolvendo cancións nas probas de son, e experimentando máis con guitarras acústicas e instrumentos de percusión no novo disco[6].

Discografía

[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio

[editar | editar a fonte]
ÁlbumAnoSelo
The Fool2010Rough Trade
Warpaint2014Rough Trade
Heads Up2016Rough Trade
  1. "Warpaint - Exquisite Corpse" (en inglés). 2025-08-15. Consultado o 2025-11-11.
  2. Guardian Music (2011-05-31). "Warpaint: Warpaint - live session". Consultado o 2025-11-11.
  3. Dombal, Ryan (2010-06-22). "The xx Announce Fall Tour". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2025-11-11.
  4. "Warpaint!". Beat. Archived from the original on 21 de agosto de 2012. Consultado o 11 de novembro de 2025.
  5. NME - Watch Warpaint's Rough Trade Sessions (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2014.
  6. NME - Warpaint confirm work on second album (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]