Saltar ao contido

Wario Land 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Wario Land 3
 Título
Wario Land 3 (en)
ワリオランド3 不思議なオルゴール (ja) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Formato de distribución
 Modo de xogo
 Franquía de medios
 Plataforma
 Dispositivo de entrada
Implicados
 Deseñador/a
 Desenvolvedor/a
 Editorial
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
21 de marzo de 2000 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/0290wx Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Clasificación
PEGI
CERO
USK
IMDB: tt0283676 Youtube: UCv3-A4lykG-S_DnwVI3Iizw Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Wario Land 3, coñecido no Xapón como Wario Land 3: Fushigi na Orgel (ワリオランド3 不思議なオルゴ~ル, lit. "Wario Land 3: The Mysterious Music Box", traducíbel ao galego como Wario Land 3: A misteriosa caixa musical), é un videoxogo estreado para Game Boy Color no 2000.[1] Neste xogo, o rival de Mario, Wario debe ceibar unha misteriosa figura que está atrapada nunha caixa de música. Lanzouse para a Virtual Console de Nintendo 3DS en 2013,[2] e como parte do servizo de Nintendo Switch Online o 8 de febreiro de 2023.[3]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O videoxogo é semellante ó seu antecesor Wario Land II. Wario é inmortal pero aínda así os inimigos pódeno danar, e polo tanto os crebacabezas serán máis complicados. Malia que algúns inimigos outorgaranlle transformacións que se poderán usar para acceder a outras áreas, o protagonista deberá viaxar por tódolos niveis para poder atopar novas habilidades e tesouros para poder acceder a outros niveis e completar o xogo. O mundo da caixa de música divídese en catro áreas: Leste, Oeste, Norte e Sur; cada unha cos seus niveis.

Cada nivel ten catro cofres de tesouros coas súas chaves cada unha. As cores dos cofres están na orde aproximada na que están pensados para ser abertos; gris, vermello, verde e azul. Esta orde non é fixa, xa que a miúdo cando un cofre do tesouro non pode ser alcanzado, Wario debe retroceder e recuperar un novo artigo para facelo accesible.

  1. "Nintendo - Customer Service / Game List". Nintendo.com. Consultado o 2009-08-05.
  2. "Wario Land 3". Nintendo.com. Nintendo. Consultado o 28 de febreiro de 2022.
  3. Plant, Logan (2023-02-08). "Nintendo Switch Online Adding Game Boy and Game Boy Advance Games". IGN (en inglés). Consultado o 2023-02-09.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]