Warhammer Fantasy Battle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Taboleiro de Warhammer.

Warhammer: The Game of Fantasy Battles (anteriomente coñecido como Warhammer Fantasy Battle, e abreviado como Warhammer, WFB ou WHFB) é un xogo de estratexia de guerra por quendas que se xoga con miniaturas e está ambientado nun mundo de fantasía épica. Foi creado por Games Workshop e é a orixe do universo de fantasía Warhammer, que ten xogos de rol, novelas, xogos de cartas coleccionables e merchandising.

Warhammer foi periodicamente actualizado dende a súa primeira aparición en 1983, con cambios no sistema de xogo e nos exércitos. A súa versión oficial actual, a oitava, foi lanzada o 10 de xullo de 2010.

Características[editar | editar a fonte]

Warhammer baséase noutros mundos fantásticos, e dá a suficiente liberdade de creación aos xogadores para poder seguir expandindo este xogo estratéxico, creando novas tropas, xerais e ata exércitos e reinos. Foi orixinalmente creado como un xogo de escaramuzas a finais da década de 1970, pero lentamente, e tras numerosas edicións, converteuse nun complexísimo xogo de grandes batallas. No ano 2006 publicáronse xa sete edicións do xogo, con 14 exércitos diferentes e varias campañas mundiais.

Existe unha versión de Warhammer ambientada no futuro, chamada Warhammer 40.000. Así mesmo a compañía propietaria dos dereitos de explotación do xogo, Games Workshop, publica un xogo de rol, novelas, xogos de cartas coleccionables e variado merchandising ambientado no mesmo mundo de ficción. Tamén existen algúns xogos de ordenador baseados no mundo de Warhammer, como A Sombra da Rata Cornuda (1995) e a súa secuela Dark Omen (1998), ambos xogos de estratexia en tempo real. Tamén existe un xogo para ordenador de Warhammer 40.000 Dawn of War e as súas tres expansións: Dawn of War: Winter Assault, Dawn of War: Dark Crusade e Dawn of War: SoulStorm.

Material necesario[editar | editar a fonte]

Para poder xogar necesítase o seguinte:

  • Miniaturas que representen os distintos exércitos. Non é necesario que sexan de Games Workshop se non se van a usar en torneos oficiais.
  • O regulamento oficial do xogo.
  • Cada xogador debe levar o regulamento (denominado "libro de exército" na edición fantástica e "códex" na futurista) correspondente ao seu exército.
  • Unha superficie de xogo de aproximadamente 180x120.

Estas son as medidas adecuadas para partidas de 2000 puntos ou menos

  • Se se desexa, pódense utilizar distintos elementos de escenografía para dar máis realismo ás batallas, tales como árbores, outeiros, ríos, edificios...
  • Dados normais de seis caras (é recomendable que sexan moitos), un dado de artillaría (5,10,15,20,25), outro dado de artillaría en polgadas (2,4,6,8,10...) e outro de dispersión.
  • Unha cinta métrica para medir distancias.
  • Persoais para calcular a área de efecto de determinadas armas, feitizos ou accións.
  • Unha folla e un bolígrafo para apuntar detalles das unidades como pode ser o armamento (lista de exército).

Xeografía[editar | editar a fonte]

O mundo de Warhammer é similar ao noso planeta e a maioría das súas masas de terra, culturas e etnias son análogas ás da Terra. Hai unha serie de correspondencias entre lugares no mundo Warhammer e o real:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]