Walter Sydney Adams
Walter Sydney Adams | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 20 de decembro de 1876 |
Lugar | Antioquía do Orontes |
Falecemento | 11 de maio de 1956 |
Lugar | Pasadena |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Actividade | |
Campo | astrónomo |
Alma máter | Dartmouth College |
Premios | premio Jules Janssen, Medalha Henry Draper, Lectorado Henry Norris Russell, Medalla de ouro da Royal Astronomical Society, Medalla Bruce, Medalha Janssen, Prêmio Charles Stark Draper, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences e Foreign Member of the Royal Society |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Walter Sydney Adams, nado en Antioquía (entón parte da vilaia de Alepo, Imperio Otomán) o 20 de decembro de 1876 e finado en Pasadena o 11 de maio de 1956, foi un astrónomo estadounidense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Antioquía en 1876, onde seus pais eran misioneiros, aínda que volveron a América en 1884. Traballou nun espectroscopio solar e codescubriu as relacións entre as intensidades relativas de certas liñas espectrais e a magnitude absoluta dunha estrela e determinou os períodos de rotación do Sol. A súa análise espectróscópica de Sirio B, confirmou unha das previsións da teoría xeral da relatividade de Einstein.
O asteroide 3145 Walter Adams leva o seu nome, así como un cráter de Marte. Dende 1923 ata 1946 dirixiu o observatorio astronómico de Mount Wilson, en California.