Walter Burley Griffin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Walter Burley Griffin
Walter Burley Griffin 1912.jpg
Nacemento24 de novembro de 1876
 Maywood
Falecemento11 de febreiro de 1937
 Lucknow
Causaperitonite
SoterradoChristian Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Illinois en Urbana-Champaign
Ocupaciónarquitecto, arquiteto paisagista e urbanista
CónxuxeMarion Mahony Griffin
Coñecido/a porParis Theatre
editar datos en Wikidata ]

Walter Burley Griffin, nado en Maywood o 24 de novembro de 1876 e finado en Lucknow o 11 de febreiro de 1937, foi un arquitecto estadounidense, famoso por deseñar xunto á súa esposa Marion Lucy Mahony a cidade de Camberra, destinada a ser a nova capital de Australia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Proxecto final aceptado para a cidade de Camberra (Australia).

Walter era o maior de catro fillos de George Walter Griffin, un axente de seguros, e Estelle Griffin. A súa familia mudouse a Oak Park e despois a Elmhurst durante a súa infancia. De neno interesouse moi pronto polas paisaxes e os xardíns e os seus pais permitíronlle arranxar ao seu gusto o xardín da súa casa en Elmhurst. Griffin fixo os seus estudos superiores no Oak Park High School. O deseñador de paisaxe O.C. Simonds convenceuno para estudar unha carreira de arquitectura.

Recibiu o seu título de arquitecto na Universidade de Illinois en 1901, aprobou a licenza de llinois que lle permitía a práctica privada como arquitecto e comezou a traballar como empregado con Frank Lloyd Wright no seu estudo de Oak Park, permanecendo alí ata 1905, momento en que se foi logo dunha disputa sobre ser remunerado polo seu traballo con divisa xaponesa no canto de moeda norteamericana, xusto despois de que Wright regresara do Xapón. Mentres traballaba con Wright coñeceu a Marion Lucy Mahony, persoa responsable de variadas modelaxes de perspectivas de edificios nos traballos de arquitectura de paisaxe de Wright, e casou con ela en 1911. Tralo matrimonio, Mahony comezou a traballar con Griffin.[1]

Abriu o seu propio despacho, concentrándose primordialmente en encargos residenciais. Eventualmente contratou os antigos empregados e colegas de Wright, Francis Barry Byrne e Harry Robinson. En 1912 Griffin gañou un concurso para deseñar a nova cidade capital Camberra en Australia. El e Marion viaxaron cara a Australia en 1913[2] para supervisar o deseño e a construción da nova capital, xunto con outros encargos que Walter recibira á parte. Deixou a Francis Barry Byrne administrando a oficina de Chicago, mentres que Marion dirixía unha oficina en Sydney e Walter se atopaba a cargo do despacho en Melbourne.

Walter exerceu a arquitectura durante vinte e un anos en Australia antes de partir cara a Lucknow (India), para deseñar a Biblioteca da Universidade de Lucknow. Griffin faleceu de peritonite a comezos de 1937, cinco días despois dunha cirurxía de vesícula no King George's Hospital de Lucknow no estado de Uttar Pradesh (India) e foi enterrado no cemiterio cristián desa cidade. Marion Mahony Griffin supervisou a finalización do Pioneer Building en que estaban traballando no momento da súa morte. Ela pechou as oficinas da India, deixou o despacho australiano en mans do socio de Griffin, Eric Milton Nicholls, e volveu a Chicago.[3]

Obras principais[editar | editar a fonte]

India[editar | editar a fonte]

Estados Unidos[editar | editar a fonte]

Australia[editar | editar a fonte]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Marion Mahony en www.pbs.org
  2. Vernon, Christopher; National Archives of Australia; National Library of Australia (2013). The dream of a century : the Griffins in Australia's capital. Canberra National Library of Australia. Consultado o 9 de abril de 2018. 
  3. Walter Burley Griffin Society, Inc., Walter Burley Griffin
  4. The Fishwick House
  5. Walter Burley Griffin Incinerator
  6. Duncan House
  7. Eric Pratten House
  8. Building Details - Architects of South Australia > Hindmarsh Incinerator Consultado o 13 de maio de 2014.
  9. Building Details - Architects of South Australia > Thebarton Incinerator Consultado o 13 de maio de 2014.
  10. Walter Burley Griffin Incinerator (former). Consultado o 30 de abril de 2019

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Birrell, James. 1964. Walter Burley Griffin. University of Queensland Press
  • Gebhard, David & Gerald Mansheim, Buildings of Iowa, Oxford University Press, New York, 1993
  • Gebhard, David. "The Suburban House and the Automobile." The Car and the City: The Automobile, the Built Environment and Daily Urban Life. Ann Arbor: University of Michigan Press, 1991: 106,123.
  • Kruty, Paul. 2000. Griffin, Walter Burley. American National Biography Online. Oxford University Press
  • MacMahon, Bill (2001). The Architecture of East Australia. Edition Axel Menges. ISBN 3-930698-90-0. 
  • Mason City Iowa, An Architectural Heritage, Department of Community Development, City of Mason, Iowa, 1977
  • Maldre, Mati and Paul Kruty, Walter Burley Griffin in America, University of Illinois Press, Urbana, 1996
  • McGregor, Alasdair, 'Grand Obsessions: The life and work of Walter Burley Griffin and Marion Mahony Griffin, Penguin/Lantern, Camberwell, Victoria, 2009
  • Walker, M., Kabos, A. and Weirick, J. (1994) Building for nature : Walter Burley Griffin and Castlecrag, Castlecrag, N.S.W. : Walter Burley Griffin Society (ISBN 0-646-18133-5)
  • Wilson, Richard Guy and Sidney K. Robinson, The Prairie School in Iowa, Iowa State University Press, Ames, 1977

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]