Saltar ao contido

Raposo ártico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Vulpes lagopus»)

O raposo ártico ou raposo polar (Vulpes lagopus) é un mamífero pertencente á familia dos cánidos.

Características

[editar | editar a fonte]

Moi semellante o raposo común, mais adaptado ás condicións extremas do seu hábitat. A principal diferenza é o pelame, completamente branco no inverno, e un pardo agrisado no verán. Ademais é lixeiramente maior có raposo común e o fociño e orellas algo máis curtas. É un animal solitario, agás na época de reprodución. Adoita ser nómade durante o inverno, á procura do alimento. Este pode ser dende bagas e cogomelos ata lemmings, paxaros, ovos, peixes ou aves acuáticas. Non despreza a calaza, e mesmo ás veces segue ós osos polares para aproveitar os seus restos. Pouco medoño, pode aproximarse as vilas ou asentamentos humanos.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Sobre todo na tundra aberta, sen presenza de árbores. Tamén en zonas costeiras ou nas zonas xeadas do Ártico.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  1. Angerbjörn, A.; Hersteinsson, P.; Tannerfeldt, M. (2008). "Alopex lagopus". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 6 de outubro de 2014.