Voo 845/26 de Pan Am

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 845/26 de Pan Am
Stratocruiser semellante ao do accidente
Resumo
Data  26 de marzo de 1955
Causa  separación dun motor
Lugar  océano Pacífico
Coordenadas  Coordenadas: 43°48′15″N 125°12′40″O / 43.80416667, -125.21111111
Orixe  aeroporto de Seattle-Tacoma
Destino  Sydney, Australia
Finados  4
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 377 Stratocruiser
Operador  Pan Am
Rexistro  N1032V
Pasaxeiros  15
Tripulación  8
Superviventes  19

O voo 845/26 de Pan Am era un servizo entre o aeroporto de Seattle-Tacoma e Sydney, Australia, con escalas en Portland e Honolulu. O día 26 de marzo de 1955 o Boeing 377 Stratocruiser que operaba a segunda parte do voo, chamado Clipper United States e con rexistro N1032V, perdeu o motor número 3 en voo a uns 56 km da costa de Oregón causando a perda de control. O avión tivo que amarar no océano Pacífico.

O avión flotou durante vinte minutos antes de afundirse a 1 600 metros de profundidade. Unhas dúas horas despois de que o avión amarase, o transporte de ataque da Armada dos Estados Unidos USS Bayfield (APA-33) chegou ao lugar e rescatou os 19 superviventes. Catro persoas morreron no accidente.[1]

A causa probable probable foi o fallo da hélice do motor 3 que causou que o motor se soltase e o aparello se volvese incontrolable.

A experiencia axudou a evitar vítimas mortais noutra amaraxe no ano seguinte, cando o voo 6 de Pan Am amarou entre Honolulu e San Francisco.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "March 26, 1955: Pan Am Flight 845/26 Crashes Off Oregon Coast". Dave Knows Portland (en inglés). 2011-03-26. Consultado o 2019-01-08.