Voo 73 de Pan Am

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 73 de Pan Am
O avión secuestrado en 1985
Resumo
Data  5 de setembro de 1986
Causa  secuestro
Lugar  Karachi
Coordenadas  Coordenadas: 24°54′24″N 67°09′39″L / 24.906666666667, 67.160833333333
Finados  Polo menos 21[1]
Feridos  120
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 747-121
Operador  Pan American World Airways
Rexistro  N656PA
Pasaxeiros  360
Tripulación  19

O voo 73 de Pan Am era un voo entre o aeroporto internacional Sahar de Bombai cara ao aeroporto de Frankfurt con escala no aeroporto internacional Jinnah en Karachi, Paquistán.

O 5 de setembro de 1986 o Boeing 747-121 que operaba o voo, foi secuestrado por catro homes palestinos do grupo Fatah mentres estaba en terra en Karachi. O avión, con 360 pasaxeiros a bordo, acababa de chegar de Bombai. En xuño de 2001 un gran xurado concluíu que os militantes estaban planeando usar o avión secuestrado para recoller prisioneiros palestinos tanto en Chipre como en Israel.[2]

43 dos pasaxeiros morreron durante o secuestro; eran cidadáns da India, Estados Unidos, Paquistán e México. Todos os secuestradores foron arrestados e sentenciados a morte en Paquistán; porén, as sentenzas foron conmutadas posteriormente a cadea perpetua. Neerja Bhanot, asistenta principal no voo, recibiu o maior premio da India en tempo de paz, o premio Ashok Chakra, pola súa valentía e esforzos por salvar as vidas dos pasaxeiros durante o secuestro.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. FBI (ed.). "Jordanian Hijacker Sentenced in D.C. for 1986 Hijacking of Pan Am Flight 73 as Victims from Around the World Recount Horrors". Consultado o 28 de maio de 2018. 
  2. Departamento de Xustiza dos EE.UU. (ed.). "United States of America v. Wadoud Muhammad et al Indictment" (PDF). Consultado o 28 de maio de 2018. 
  3. The Times of India (ed.). "24 yrs after Pan Am hijack, Neerja Bhanot killer falls to drone". Consultado o 28 de maio de 2018.