Saltar ao contido

Voo 6437 de Taban Air

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 6437 de Taban Air
 Instancia de
Datas e cronoloxía
 Data
24 de xaneiro de 2010 Editar o valor en Wikidata
Características
 Nave
Implicados
 Operador/a
Taban Air (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Número de implicados
Mortes0 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 Lugar de saída
 Lugar de chegada
 País
Wikidata

O voo 6437 de Taban Air era un servizo regular doméstico que se esnafrou en Mashhad, Irán o 24 de xaneiro de 2010. As 170 persoas a bordo escaparon do avión incendiado sen que houbeses vítimas mortais. A meirande parte dos pasaxeiros era peregrinos regresando tras visitar lugares sagrados en Iraq.

O aparello implicado no accidente era un Tupolev Tu-154M. Tiña o rexistro RA-85787 e voara por vez primeira no ano 1993.[1]

Accidente

[editar | editar a fonte]

O voo 6437 estaba sendo operado por Kolavia en nome de Taban Air. Saíra de Abadán e foi desviado a Isfahán debido á mala visibilidade en Mashhad. Cando a visibilidade mellorou o avión engalou outra vez, pero deteriorouse antes de que o voo 6437 puidese aterrar.[2] Mantívose ao avión en espera preto do aeroporto de Mashhad cando un pasaxeiro se puxo seriamente enfermo. A tripulación declarou unha emerxencia médica. Os pilotos decidiron aterrar en Mashhad facendo unha aproximación ILS á pista 31R a pesar da pouca visibilidade. Durante a aterraxe a cola golpeou o chan causando que o avión se desviase fóra da pista, o tren do morro colapsou, a á dereita golpeou o chan e o avión incendiouse. Todos os pasaxeiros e tripulantes sobreviviron resultando 47 deles feridos.[2][3][4]

  1. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Tupolev Tu-154M RA-85787 Mashhad Airport (MHD)". aviation-safety.net. Consultado o 2018-12-26. 
  2. 2,0 2,1 "Kolavia T154 at Mashhad on Jan 24th 2010, medical emergency, risky landing, aircraft burst into flames". The Aviation Herald. Consultado o 2018-12-26. 
  3. "Plane catches fire trying to land in Iran - CNN.com". www.cnn.com (en inglés). Consultado o 2018-12-26. 
  4. "Iran jet catches fire on landing" (en inglés). 2010-01-24. Consultado o 2018-12-26.