Voo 637 de JAT

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 637 de JAT
JAT DC-9 (7107744587).jpg
DC-9 semellante ao accidentado
Resumo
Data  26 de xaneiro de 1972
Causa  bomba
Lugar  Srbská Kamenice,
Checoslovaquia
Finados  27
Feridos  1
Aeronave
Tipo de aeronave McDonnell Douglas DC-9-32
Operador  JAT
Rexistro  YU-AHT
Pasaxeiros  23
Tripulación  5
Superviventes  1

O Voo 637 de JAT Yugoslav Airlines foi un McDonnell Douglas DC-9-32, con rexistro YU-AHT, que estoupou no aire pouco despois de sobrevoar a baliza non direccional Hermsdorf (situada ao redor de Hinterhermsdorf, no municipio actual de Sebnitz), Alemaña Oriental, mentres realizaba unha ruta dende Estocolmo ata Belgrado o día 26 de xaneiro de 1972. O avión, pilotado polo captain Ludvik Razdrih, rompeu en tres partes, esnafrándose preto da vila de Srbská Kamenice en Checoslovaquia (agora a República Checa). Das 28 persoas a bordo, 27 morreron tras impactar contra o chan, e unha asistente de voo iugoslava, Vesna Vulović, sobreviviu.[1]

Causa[editar | editar a fonte]

O McDonnell Douglas DC-9-32 quedou esnaquizado despois de que estoupase unha bomba a bordo, colocada por terroristas croatas emigrados (Ustashe).[2] O avión dirixíase a Serbia (no momento parte de Iugoslavia) dende Suecia. A bomba caseira fora colocada na bodega de carga dianteira.[3] Vesna Vulović estaba preto da parte de atrás do avión no momento do estoupido, aínda que este feito non está demasiado claro. Algúns informes dixeron que estaba na parte traseira cando ocorreu o estoupido, pero ela dixo que lle comentaran que a atoparan na sección media do aparello.[4]

Vulović estivo en coma durante 27 días e estivo paralizada temporalmente de cintura para abaixo, aínda que sobreviviu.[5] Continuou traballando para a aeroliña realizando tarefas de oficina.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Resumo oficial do informe final" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de novembro de 2015. Consultado o 2019-1-30. 
  2. Richard West (15 de novembro de 2012). Tito and the Rise and Fall of Yugoslavia. Faber & Faber. pp. 179–. ISBN 978-0-571-28110-7
  3. Andrew R. Thomas (30 de outubro de 2008). Aviation Security Management [3 volumes]. ABC-CLIO. pp. 176–. ISBN 978-0-313-34653-8
  4. "Entrevista con Vesna Vulovic". Green Light. 2013-04-10. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2013. Consultado o 2019-01-30. 
  5. "Accident details". www.planecrashinfo.com. Consultado o 2019-01-30. 
  6. Connolly, Kate (2009-01-13). "Vesna Vulovic's record fall Communist propaganda, say journalists". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2019-01-30.