Voo 592 de Lufthansa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 592 de Lufthansa
O avión secuestrado en 2003
Resumo
Data  11 de febreiro de 1993
Causa  secuestro
Lugar  Nova York-JFK
Coordenadas 
Orixe  aeroporto de Frankfurt
Derradeira escala  aeroporto do Cairo
Destino  Aeroporto de Adís Abeba
Aeronave
Tipo de aeronave Airbus A310-300
Operador  Lufthansa
Rexistro  D-AIDM
Pasaxeiros  94
Tripulación  10
Superviventes  104

O voo 592 de Lufthansa era un servizo regular de pasaxeiros dende Frankfurt e Addis Abeba que foi secuestrado o día 11 de febreiro de 1993. O Airbus A310-300 que operaba a ruta foi secuestrado por Nebiu Demeke, un home etíope que buscaba asilo que obrogou ao piloto a voar ao Aeroporto Internacional John F. Kennedy de Nova York. O avión aterrou sen problemas e o secuestrador rendeuse pacificamente. Foi acusado de piratería aérea no tribunal de distrito dos Estados Unidos e foi condenado a 20 anos de prisión.

Voo[editar | editar a fonte]

O voo 592 era unha ruta internacional operada por Deutsche Lufthansa AG entre o aeroporto de Frankfurt, e o aeroporto de Adís Abeba-Bole, cunha escala programada no Aeroporto do Cairo. O avión era un Airbus A310-300, con rexistro D-AIDM, que levaba en servizo dende o 30 de agosto de 1991. O voo levaba 94 pasaxeiros e 10 tripulantes.[1]

Secuestrador[editar | editar a fonte]

Nebiu Zewolde Demeke nacera o 24 de setembro de 1972 in Exipto.[2] O seu pai, un economista, era un preso político en Etiopía, e a familia Demeke movérase a Marrocos tras o seu arresto para escapar da persecución. Nebiu Demeke estudou na Escola Americana de Tánxer, onde foi descrito como "distraído" e "emocional". A súa irmá máis vella, Selamawit, estudou no Gettysburg College en Gettysburg, Pensilvania. O seu irmñan maior, Demter, foi ao Macalester College en St. Paul, Minnesota, e o irmán máis novo, Brook, vivía en Indiana. Aínda que Demeke intentou unirse aos seus irmáns nos Estados Unidos denegáronlle un visado de estudante e foi incapaz de conseguir un permiso para entrar legalmente no país.[2]

Seis meses antes do secuestro, Demeke, que tiña nese momento 20 anos, moveuse a Alemaña e solicitou asilo político. Cando retirou a súa solicitude de asilo o goberno alemán mercoulle un billete no voo 592 de volta a Etiopía.

Demeke entrou no aeroporto cunha pistola de partida con balas de fogueo. Antes de chegar ao control de seguridade, colocou a pistola na súa cabeza cuberta cun sombreiro tipo fedora.[3] Cando tivo que pasar o detector de metais agarrou a parte superior do sombreiro e colocouno, xunto coa pistola oculta, nunha mesa. Tras pasar o detector recuperounos antes de embarcar.[4]

Secuestro[editar | editar a fonte]

Uns 35 minutos despois da engalaxe, cando o avión chegaba á súa altura de cruceiro no espazo aéreo austríaco, Demeke entrou no baño dianteiro, púxose un pasamontañas negro e sacou a súa pistola. Cando deixou o baño entrou na cabina de mando, que non estaba pechada. Poñendo a pistola na cabeza do piloto dixo, "Se non viras cara ao oeste dispararei".[5]

Demeke demandou que o avión voase a Nova York e tamén demandou asilo político nos Estados Unidos.[5] Despois de dicirlle que habería que recargar, Demeke accedeu a realizar unha parada de repostaxe en Hannover. O aparello aterrou no aeroporto de Hannover-Langenhagen sobre o mediodía, onde foi rodeado pola policía. Demeke permaneceu na cabina de mando coa pistola na cabeza do piloto, e ameazou con matar un asistente de voo cada cinco minutos. As autoridades alemás permitiron engalar ao avión despois de que Demeke ameazase con matar os seus reféns, aínda que prometeu renderse pacificamente se chegaba aos Estados Unidos.[6]

O piloto Gerhard Goebel foi capaz de calmar a Demeke durante o voo a Nova York. Aínda que o secuestrador mantivo a pistola apuntando á cabeza de Goebel durante todo o voo quitou o pasamontañas. Goebel díxolle despois aos xornalistas que pasara as horas intentando construír unha relación con Demeke, que admitiu ter pasado varios meses preparando o secuestro.[4] Os dous homes acordaron que, tras chegar a Nova York, Goebel lle daría a Demeke as súas lentes de sol a cambio da pistola.[3][4][5][6]

O avión chegou ao aeroporto internacional John F. Kennedy ao redor das 4:00 pm EDT e rodou a unha parte remota da pista.[7] Un equipo de negociación formado por tres homes fora montado na torre de control. O detective do Departamento de Policía de Nova York Dominick Misino falou con Demeke por radio, asistido polo axente especial do FBI John Flood e o sarxento detective da Autoridade Portuaria Carmine Spano.[8] Despois de 70 minutos de negociacións Demeke cambiou a súa pistola polas lentes de sol do piloto e entregouse pacificamente ás autoridades.[7][8][9] Os 94 pasaxeiros e 10 tripulantes resultaron ilesos.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Airbus A310-304 D-AIDM New York-John F. Kennedy International Airport, NY (JFK)". aviation-safety.net. Consultado o 2019-01-24. 
  2. 2,0 2,1 Queen, Joseph W (13 de febreiro de 1993). "Hijacker tells authority he won't be jailed, will 'be granted asylum'". The Daily Gazette: D–1. 
  3. 3,0 3,1 Bowles, Pete; Joseph W. Queen (11 de febreiro de 1993). "Hijacking was carefully planned, prosecutor says". The Daily Gazette. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Boehmer, George (11 de febreiro de 1993). "Germany vows to uncover Frankfurt airport security lapses". The Daily Gazette. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "11-hour ordeal in the air ends when hijacker gives up in N.Y.". The Vindicator. 12 de febreiro de 1993. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "Trans-Atlantic Hijacker Surrenders at Kennedy Airport". Durant Daily Democrat: 10. 12 de febreiro de 1993. 
  7. 7,0 7,1 "A hijack story--by the book; Negotiators' 'schtick' worked perfect in Lufthansa incident". The Journal: 1. 13 de febreiro de 1993. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 24 de xaneiro de 2019. 
  8. 8,0 8,1 McShane, Larry (13 de febreiro de 1993). "Hostage negotiator recalls tense talks at Kennedy". The Daily Gazette. 
  9. "Three men defused hijacking". Morning Star. 13 de febreiro de 1993.