Voo 585 de United Airlines
| Voo 585 de United Airlines | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Boeing 737 rudder issues (en) | |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Representado por
| |||||||||||
| Datas | |||||||||||
| |||||||||||
| Características | |||||||||||
|
Nave
| |||||||||||
|
Elemento operado
| |||||||||||
|
Número de voo
| |||||||||||
| Implicados | |||||||||||
|
Operador/a
| |||||||||||
| Número de implicados | |||||||||||
| Feridos | 0 | ||||||||||
| Mortes | 20 pasaxeiro 5 membro da tripulación 25 | ||||||||||
| Superviventes | 0 | ||||||||||
| Localización | |||||||||||
| |||||||||||
| Identificadores | |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata | |||||||||||
O voo 585 de United Airlines era un servizo regular de pasaxeiros entre Denver e Colorado Springs. O día 3 de marzo de 1991 o Boeing 737-291 que operaba a ruta, con 20 pasaxeiros e 5 tripulantes a bordo, experimentou un bloqueo do temón mentres estaba na aproximación final á pista 35 do aeroporto municipal de Colorado Springs, causando que o avión dese a volta e entrase nunha caída en picado sen control. Non houbo superviventes.[1]
A NTSB inicialmente foi incapaz de atopar a causa do accidente, pero despois doutros incidentes semellantes de avións Boeing 737 desterminouse que fora causado por un defecto no deseño do control de potencia do temón.[1]
Avión e tripulación
[editar | editar a fonte]O voo 585 estaba operado por un Boeing 737-291 con rexistro N999UA. O 737 fora fabricado orixinalmente para Frontier Airlines en 1982 e foi mercado por United Airlines en 1986. Na data do accidente o aparello tiña unhas 26 000 horas de voo.[1]
A tripulación estaba formada polo capitán Harold Green, de 52 anos, a primeira oficial Patricia Eidson, de 42, e 3 asistentes de voo. O capitán, que tiña máis de 10 000 horas como piloto de United Airlines, era considerado polos colegas como un piloto conservador que sempre seguía os procedementos operativos stándar.[1] A primeira oficial tiña máis de 4 000 horas de voo, e era considerada polo capitán Green unha piloto moi competente.[1]
Accidente
[editar | editar a fonte]O voo 585 era un servizo regular de United Airlines dende o aeroporto de Peoria en Peoria, Illinois ata Colorado Springs, Colorado, con escalas no aeroporto de Quad City en Moline, Illinois e no aeroporto de Stapleton en Denver, Colorado. O 3 de marzo de 1991 o avión voou de Peoria a Denver sen incidencias.[1]
Ás 09:23 am MST o voo 585 engalou de Denver con 20 pasaxeiros e 5 tripulantes a bordo, e tiña previsto chegar a Colorado Springs ás 09:46 am. Ás 09:37 o avión foi autorizado para unha aproximación visual á pista 35.[1] De sípeto o aparello xirou cara a dereita e o nariz baixou. A tripulación intentou iniciar un go-around poñendo os flaps na posición de 15 graos e incrementando a potencia. A altitude baixou rapidamente e a aceleración incrementouse ata máis de 4g ata que o avión se esnafrou en Widefield Park, a menos de catro millas da pista, a unha velocidade de 394 km/h.
