Saltar ao contido

Voo 311 de Thai Airways International

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 311 de Thai Airways International
Imaxe
 Instancia de
 Causado por
Características
 Representado por
 Nave
Datas
 Data
31 de xullo de 1992 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Operador/a
 Participantes
Localización
 Situado en
 Localización
 Lugar de saída
 Lugar de chegada
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Número de participantes
1
113 Editar o valor en Wikidata
 Número de feridos
   0 Editar o valor en Wikidata
 Mortes
 Número de superviventes
   0 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0264bls Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O voo 311 de Thai Airways International era unha ruta entre o aeroporto internacional Don Mueang de Bangkok e o aeroporto internacional Tribhuvan de Katmandú. O venres 31 de xullo de 1992 o Airbus A310-304 que realizaba o servizo, rexistrado HS-TID, esnafrouse na aproximación a Katmandú. Ás 07:00:26 UTC (12:45:26 NST; 14:00:26 ICT), o avión chocou contra a ladeira dunha montaña a 37 km ao norte da cidade a unha altura de 3 505 m e a unha velocidade de 560 km/h, matando aos 99 pasaxeiros e 14 tripulantes a bordo. O sinistro foi a primeiro accidente mortal dun Airbus A310.[1][2]

Avión e tripulación

[editar | editar a fonte]

O primeiro voo do avión foi o 2 de outubro de 1987, e entrou en servizo coa aeroliña canadense Wardair co rexistro C-FGWD. Canadian Airlines International mercou Wardair en 1989 e as súas operacións integráronse dentro da marca Canadian Airlines. O aparello entrou formalmente en servizo con Canadian Airlines o 15 de xaneiro de 1990 (co mesmo rexistro). Pouco despois vendeuse a Thai Airways International, recibíndoo o 9 de maio dese ano e sendo rexistrado como HS-TID. O A310 estaba impulsado por dous motores turboventiladores General Electric CF6-80C2A2.[3][4]

O avión estaba pilotado polo capitán de 41 anos Preeda Suttimai e o primeiro oficial de 52 Phunthat Boonyayej, e na cabina de pasaxe había 12 asistentes de voo.[5]

  1. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Airbus A310-304 HS-TID Kathmandu-Tribhuvan Airport (KTM)". aviation-safety.net. Consultado o 2021-11-24.
  2. "FindLaw's United States Ninth Circuit case and opinions.". Findlaw (en inglés). Consultado o 2021-11-24.
  3. "Thai Airways HS-TID (Airbus A310 - MSN 438) (Ex C-FGWD )". www.airfleets.net. Consultado o 2021-11-25.
  4. "HS-TID Thai Airways International Airbus A310-300". www.planespotters.net (en inglés). Consultado o 2021-11-25.
  5. "Thai jetliner crashes in Nepal". UPI (en inglés). Consultado o 2021-11-25.