Voo 201 de Copa Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 201 de Copa Airlines
Boeing 737 semellante ao do accidente
Resumo
Data  6 de xuño de 1992
Causa  desorientación espacial
Lugar  Rexión do Darién
Coordenadas  Coordenadas: 7°58′59″N 77°56′00″O / 7.98308056, -77.93337778
Orixe  aeroporto Tocumen
Destino  aeroporto Alfonso Bonilla Aragón
Finados  47
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 737-204 Advanced
Operador  Copa Airlines
Rexistro  HP-1205CMP
Pasaxeiros  40
Tripulación  7
Superviventes  0

O voo 201 de Copa Airlines era un voo regular de pasaxeiros entre o aeroporto Tocumen na Cidade de Panamá e o aeroporto Alfonso Bonilla Aragón en Cali, Colombia. O día 6 de xuño de 1992 o Boeing 737-204 Advanced que operaba a ruta deuse a volta, desintegrouse no aire e esnafrouse na xungla na Rexión do Darién 29 minutos despois de engalar, matando ás 47 persoas a bordo. A ruptura durante o voo foi causada por lecturas de instrumentos defectuosos e outros factores que constribuíron ao accidente, como un adestramento incompleto.

O voo 201 é o peor accidente da historia da aviación panameña, e tamén o primeiro con vítimas mortais (e ata a data o único) da historia de Copa Airlines.[1]

Avión e tripulación[editar | editar a fonte]

O aparello era un Boeing 737-200 Advanced de 12 anos, con rexistro HP-1205CMP, pilotado polo capitán Rafael Carlos Chial, de 53 anos, e o primeiro oficial Cesareo Tejada. Os asistentes de voo eran Iris Karamañites, Flor Díaz, Vanessa Lewis, Xenia Guzmán e Ramón Bouche.[2] O voo 201 de Copa levaba 40 pasaxeiros e 7 tripulantes. O avión fora fabricado en 1980 e entrara en servizo con Britannia Airways co rexistro G-BGYL. O aparello fora adquirido por Copa Airlines como resultado dun acordo de arrendamento nos 90 entre ámbalas dúas compañías. O avión levaba unha librea híbrida Britannia/Copa no momento do accidente.

Accidente[editar | editar a fonte]

O voo 201 engalou da pista 21L do aeroporto Tocumen da Cidade de Panamá ás 20:37 (8:37 p.m.) hora local como un servizo regular de pasaxeiros ata Cali, Colombia. A bordo ían 40 pasaxeiros e 7 tripulantes.[1] Entre os pasaxeiros había comerciantes colombianos con negocios en Panamá.[1] Ás 20:47 (8:47 p.m.), uns 10 minutos despois da engalaxe, o capitán Chial contactou co control de tráfico aéro da Cidade de Panamá, solicitando información meteorolóxica. O controlador informou que había unha área de moi mal tempo a 50-80 quilómetros da súa posición.

Ás 20:48 (8:48 p.m.) o capitán Chial fixo outro contacto por radio solicitando permiso ao ATC da Cidade de Panamá para voar unha ruta distinta debido ás malas condición meteorolóxicas diante súa. O nova ruta levaría ao avión sobre a provincia de Darién. Seis minutos despois, ás 20:54 (8:54 p.m.), o centro de control da Cidade de Panamá recibiu unha terceira mensaxe do capitán Chial informando de problemas co avión e facendo unha solicitude de regresar a Tocumen que foi aprobada.

Porén, ás 20:56 (8:56 p.m.), dous minutos despois, mentres voaba a unha altura de 25 000 pés (7 620 metros), o voo 201 entrou nunha abrupta inmersión cun ángulo de 80 graos cara á dereita e comezou a xirar sen control mentres aceleraba cara ao chan. A pesar dos intentos dos pilotos para nivelar o aparello, o avión continuou caendo ata superar a velocidade do son e comezou a romperse aos 10 000 pés (3 048 metros). A meirande parte dos corpos perdeu a súa roupa e cairon do avión. O voo 201 esnafrouse nunha zona de na Rexión de Darién a uns 900 km/h, matanto instantaneamente a todos os que aínda estaban a bordo.[1][3]

Ás 20:57 (8:57 p.m.) o control de tráfico aéreo de Tocumen intentou sen éxito contactar co voo ata que recibiu unha mensaxe de radio dun DC-10 de KLM que estaba aproximándose ao aeroporto, informou que interceptara un sinal de auxilio do transpondedor do voo 201 nunha área entre a fronteira colombiana e a provincia de Darién, a varios quilómetros da súa posición. Tras varios intentos intentos sen éxito de contactar co avión perdido o ATC de Tocumen finalmente declarou unha emerxencia no aeroporto e informou ao centro ATC colombiano en Bogotá sobre o aparello desaparecido. Á mañá seguinte os avións de busca foron enviado á última posición coñecida do voo 201.[1][3]

Tras oito horas os rescatadores viron as primeiras pezas do aparello na xungla da Rexión de Darién.[4] Debido ao remoto da área e á dificultade de acceso o persoal de rescate tardou 12 horas en chegar ao lugar.[1][5]

Debido a que os corpos das vítimas e varias partes do fuselaje da aeronave estaban espalladas nun radio de 10 km, o proceso de recuperación foi moi difícil. Despois de que os investigadores chegaron ao lugar do accidente, comezou a investigación para atopar a causa do accidente.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Mysterious Crash of Flight 201". Consultado o 2018-12-28. 
  2. Services, From Times Wire (1992-06-08). "47 Killed in Crash of Panama Airliner". Los Angeles Times (en inglés). ISSN 0458-3035. Consultado o 2018-12-28. 
  3. 3,0 3,1 "Official: Ill-fated plane was caught in electrical storm". New Strait Times. Consultado o 2019-1-7. 
  4. "Panama Plane Wreckage Found". Manila Standard. Consultado o 2019-1-7. 
  5. "Jungle hampers crash site efforts". The Victoria Advocate. Consultado o 2019-1-7. 
  6. "47 are killed in crash of Panama jet". The Spokesman-Review. Consultado o 2019-1-7.