Saltar ao contido

Voo 193 de National Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 193 de National Airlines
Imaxe
 Instancia de
 Causado por
Características
 Nave
Datas
 Data
8 de maio de 1978 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Operador/a
Localización
 Situado en
 Localización
 Lugar de saída
 Lugar de chegada
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Número de feridos
   11 Editar o valor en Wikidata
 Mortes
   3 Editar o valor en Wikidata
 Número de superviventes
   55 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0279c2x Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O voo 193 de National Airlines era un Boeing 727-235, con rexisto N4744, que realizaba un servizo entre Miami e Pensacola, con escalas en Melbourne, Tampa, Nova Orleáns e Mobile. Na noite do 8 de maio de 1978, en condición de pouca visibilidade pola néboa, o avión esnafrouse durante o descenso ao aeroporto rexional de Pensacola impactando contra o mar na baía de Escambia Bay e afundíndose a unha profundidade de 3,7 metros.[1]

Accidente

[editar | editar a fonte]

O sistema de aterraxe instrumental (ILS) da pista 16 estivera fóra de servizo dende xaneiro dese ano pola reconstrución da pista. No seu lugar estaba dispoñible unha aproximación sen precisión á pista 25. Antes de iniciar a aproximación un bimotor Beechcraft informou ter saído da cuberta de nubes a 450 pés (140 m). A altitude mínima de descenso para esta aproximación era de 480 pés (150 m). Isto preocupou ao primeiro oficial que informou ao capitán da súa opinión de que ese avión estaba facendo unha aproximación ilegal. Un reactor de Eastern Air Lines diante deles informou que tivo a pista brevemente á vista antes de perdela entre as nubes e abortar a aterraxe.

Mentres se preparaban para a aproximación o primeiro oficial descoidouse de facer chamadas de corrección de altitude e aproximación. A alarma de proximidade a terra soou e o primeiro oficial comprobou o seu altímetro. Marcaba 1 500 pés (460 m) e apagou a alarma. O gravador de datos de voo amosaría posteriormente que a súa altura real nese punto era de só 500 pés (150 m). A tripulación de voo puido distraerse pola alarma e non puido entender que pasaran da altitude mínima de descenso. Pouco despois disto impactaron na baía de Escambia. O tráfico de barcazas na zona axudou na evacuación. Tres pasaxeiros afogaron intentando saír do avión. O avión quedou intacto tras o accidente e foi levado a un hangar da estación naval aérea de Pensacola, pero foi dado de baixa debido aos danos producidos pola corrosión da auga. O aparello foi posteriormente desmontado e retirado da base para ser despezado.

  1. "Informe do accidente" (PDF). NTSB. Consultado o 2018-12-18.