Saltar ao contido

Volvoreta (novela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Volvoreta»)

Volvoreta
Título orixinalVolvoreta
Autor/aWenceslao Fernández Flórez
Ilustrador/aCastelao
OrixeEspaña
Linguacastelán
Xénero(s)Novela
Data de pub.1917
editar datos en Wikidata ]

Volvoreta (en alusión ó insecto bolboreta) é unha novela en lingua castelá de Wenceslao Fernández Flórez, publicada en 1917 con ilustracións de Castelao. Nese mesmo ano obtivo o Premio Círculo de Bellas Artes. Foi levada ao cine en 1976 por José Antonio Nieves Conde.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Volvoreta na edición de 1970 da Biblioteca Básica Salvat.

De carácter costumista e naturalista, está ambientada na área rural próxima á cidade da Coruña. Conta as relacións amorosas entre Sergio e Federica (alcumada Volvoreta), unha rapaza que serve na casa da nai de Sergio. Contrapóñense os sentimentos románticos e hipócritas do mozo (avergóñase dos seus sentimentos cara a unha muller de clase inferior) coa concepción máis vulgar e pragmática que ela ten do amor. Ao descubrir os amores a rapaza marcha a traballar á cidade, e o rapaz vai na súa procura, comezando a traballar de xornalista.

Edicións

[editar | editar a fonte]

En 1970 foi incluída na Biblioteca Básica Salvat e en 2004 na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]