Volvo S40

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Volvo S40
Sucesor Volvo S60 (para a segunda xeración)
Tipo Automóbil de turismo
Segmento D (primeira e segunda xeración)
Segmento C (terceira xeración)
Configuración Motor dianteiro transversal, tracción dianteira ou 4WD

O Volvo S40, V40 ou V50 é un automóbil do segmento D (S40/V40 de primeira xeración e S40/V50 de segunda xeración) ou C (V40 de terceira xeración) producido polo fabricante sueco Volvo desde o ano 1996. O modelo é un cinco prazas con motor dianteiro transversal e tracción dianteira ou ás catro rodas. S40 corresponde á versión con carrozaría sedán de catro portas. As denominacións V40 e V50 refírense á variante familiar de cinco portas de primeira e segunda xeración, e á hatchback de cinco portas da terceira xeración. Os principais rivais da terceira xeración no mercado son o Audi A3, o BMW Serie 1/3 e o Mercedes-Benz Clase A/CLA.

Os Volvo S40 e V50 deixáronse de producir en 2012 e foron substituídos polos Volvo V40 e V40 Cros Country.

Primeira xeración (1996-2004)[editar | editar a fonte]

Volvo S40
Configuración Motor dianteiro
Tracción dianteira
Relacionado Mitsubishi Carisma

A primeira xeración foi producida en cooperación co fabricante xaponés Mitsubishi, que fabricou o Mitsubishi Carisma con elementos compartidos co Volvo S40. O Carisma con todo non tivo tanto éxito en vendas como o S40. Esta versión lanzada no ano 1996 se ensamblou xunto co Carisma na fábrica automotriz NedCar, nos Países Baixos.

A seguridade que caracteriza a Volvo foi sumamente salientada nesta versión, que sacou a puntuación máis alta do ano (1997) na proba de protección a pasaxeiros adultos de EuroNCAP.

Segunda xeración (2004-2012)[editar | editar a fonte]

Volvo S40
Relacionado Ford Focus
Mazda 3
Volvo C30

A segunda xeración do S40, lanzada en 2004, foi deseñada sobre a Plataforma Volvo P1, unha plataforma derivada da Ford C1 usada noutros modelos pertencentes a Ford Motor Company, como os Ford Focus, Ford C-Max e Mazda 3.[1] A reestilización de 2007 (liña 2008) inclúe cambios visuais e mecánicos.

A segunda xeración do Volvo S40 (xunto coa versión familiar V50, o cabrio-coupé C70 e o hatchback C30) foron fabricados exclusivamente na fábrica de Volvo de Gante, Bélxica.

Especificacións S40 1.6 S40 1.8 S40 2.0 S40 2.4 S40 2.4i S40 T5 S40 T5 AWD S40 1.6D S40 2.0D S40 D5
Potencia kW/CV/rpm 74/100/6000 92/125/6000 107/145/6000 103/140/5000 125/170/6000 169/230/5000 169/230/5000 80/109/4000 100/136/4000 132/180/4000
Torque Nm/rpm 150/4000 165/4000 185/4500 220/4000 230/4400 320/1500–4800 320/1500–4800 240/1750 320/2000 350/1750-3250
Aceleración 0–100 km/h (manual/auto) 11,9 s/- 10,9 s/- 9,5 s/- -/10,6 8,2/8,9 6,8/7,2 7,1/7,5 12 s/- 9,5 s/- 7,9/8,5
Velocidade máxima km/h (manual/auto) 185/- 200/- 210/- -/200 220/215 240/235 230/225 190/- 205/- 225/220
Consumo de combustible l/100 km manual 9,5/5,8/7,2 10,1/5,7/7,3 10,2/5,7/7,4 - 12,4/6,6/8,5 12,5/6,4/8,7 13,5/7,3/9,6 6,2/4,2/4,9 7,6/4,8/5,8 8,4/4,9/6,2
Consumo de combustible l/100 km automático - - - 13,2/6,7/9,1 13,2/6,7/9,1 13,7/6,9/9,4 15,1/7,2/9,6 - - 9,7/5,5/7

Terceira xeración (2012-presente)[editar | editar a fonte]

Volvo S40
Relacionado Ford Focus

A terceira xeración presentouse no Salón do Automóbil de Xenebra de 2012 coa denominación V40, esta vez con carrozaría hatchback de cinco portas, e comezouse a vender a mediados de ano. De momento, é a única carrozaría prevista do modelo. A plataforma é unha versión actualizada da Ford C1, a usada na segunda xeración do S40 e V50, o Volvo C30 e o Ford Focus II. O V40 convivirá polo momento co C30, que é un hatchback do segmento C con carrozaría hatchback de tres portas lanzado en 2006.

A gama de motores do V40 abarca cinco opcións gasolina e tres diésel, todos con turbocompresor. A gasolina son un catro cilindros de 1,6 litros en variantes de 150 e 180 CV, un cinco cilindros de 2,0 litros en versións de 180 e 213 CV, e un cinco cilindros en liña de 254 CV. En tanto, os diésel son un catro cilindros en liña de 1,6 litros e 115 CV, e un cinco cilindros en liña de 2,0 litros en variantes de 150 e 177 CV.

O Volvo V40 comezouse a producir para substituír os S40 e V50 que se deixaron de producir en 2012.

V40 Cros Country (2012-presente)[editar | editar a fonte]

O Volvo V40 Cros Country presentouse no Salón do Automóbil de París de 2012. É a versión todo terreo do Volvo V40.

No exterior, o V40 Cros Country distínguese polo deseño das fascias e as proteccións na parte baixa. O habitáculo está situado 40 mm máis alto que no V40 normal. Conta con motores diésel cuxa potencia vai desde 112 até 170 CV, así como versións de gasolina con turbocompresor e potencias desde 177 até 251 CV. Todas as versións posúen tracción dianteira, e están dispoñibles con caixa de cambios manual ou automática de seis velocidades.

Opcionalmente, a versión T5 está dispoñible con tracción integral permanente e cun sistema de descenso de pendentes. Conta cun sistema de arranque e apagado automático (start/stop) que ofrece un baixo consumo de combustible. Tamén están dispoñibles diversas opcións de equipamento como lonas e reixas para separar a área de carga, así como combinacións de cores e tapicería exclusivos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "VOLVO S40 specs & photos - 2004, 2005, 2006, 2007". autoevolution (en inglés). Consultado o 2019-02-27. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]