Vladimir Chelomei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vladimir Chelomei
Nacemento30 de xuño de 1914
Lugar de nacementoSiedlce
Falecemento8 de decembro de 1984
Lugar de falecementoMoscova
Soterradocemiterio Novodevichii
NacionalidadeUnión Soviética
Alma máterNational Aviation University e Instituto Politécnico de Kiev Igor Sikorsky
Ocupaciónenxeñeiro, profesor universitario, enxeñeira aeroespacial, político e físico
PremiosPremio Estatal da URSS, Orde de Lenin, Heroe do Traballo Socialista, Orde da Revolución de Outubro, Premio Lenin, Prêmio Lyapunov, Orde de Lenin, "Hammer and Sickle" gold medal, Heroe do Traballo Socialista, "Hammer and Sickle" gold medal, Orde de Lenin, Orde de Lenin, Orde de Lenin, Premio Estatal da URSS, Premio Estatal da URSS e Zhukovsky Prize
Na rede
WikiTree: Chelomey-1 Find a Grave: 140628340 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Selo postal adicado a Chelomei.

Vladimir Nikolayevich Chelomei, nado o 30 de xuño de 1914 en Sedlets (Ucraína) e morto o 8 de decembro de 1984 en Moscova, foi un enxeñeiro e deseñador de mísiles e foguetes soviético de orixe ucraíno.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chelomei naceu en 1914 na cidade ucraína de Sedlets, nunha familia de mestres que tivo que migrar a Paltava tres meses despois debido á primeira guerra mundial. Á edade de 12 anos, a familia de Chemolei tivo que moverse a Kíiv, onde estudou mecánica de automóbiles. En 1932 entrou no politécnico de Kíiv, a mesma institución na que Koroliov estudiara oito anos antes. Considerado un prodixio, aos 22 publicou o seu primeiro libro (Análise de vectores) e aos 24 publicara xa 14 artigos científicos. En 1941 uniuse ao Partido Comunista e obteu o seu doutoramento, sendo nomeado xefe do Grupo de Propulsión a Chorro do Instituto Central P. I. Baranov de Aviación a Propulsión (TsIAM polas súas siglas en ruso).

Chelomei inventou de maneira independente o pulsorreactor en 1942. En xuño de 1944 foi invitado a analizar os restos dun mísil V-1 alemán e encargouselle reproducilo, tarefa que acadou a finais dese mesmo ano, creando o mísil 10-Kh. O 17 de setembro se lle asignou a súa propia oficina de deseño. Cara 1958 Chelomei traballara no desenvolvemento dun novo mísil de cruceiro ao tempo que empezaba a demostrarse a superioridade dos mísiles balísticos intercontinentais sobre os de cruceiro. Tamén nese ano comezou a ter contacto coas altas esferas do Kremlin, trabando amizade co fillo de Nikita Khrushchev, o que lle permitiu expoñer as súas ideas directamente a altos cargos. En 1952 foi nomeado profesor na Universidade Baumann e en 1959 deuselle o alto cargo de Deseñador Xeral da oficina OKB-52.

Chelomei innovou no campo dos mísiles desenvolvendo o concepto de mísil encapsulado e almacenable a largo prazo capaz de ser lanzado en cuestión de minutos despois da orde de disparo. Propuxo a construción do mísil UR-100, a resposta ao mísil Minuteman estadounidense, e cara finais da década de 1950 comezou a pensar en como usar a tecnoloxía de mísiles en foguetes e naves espaciais. Ideou varios avións espaciais e lanzadores pesados, entre eles o UR-500, que daría lugar ao foguete Proton. Tamén lanzou o programa de estacións militares Almaz e as naves tripuladas TKS.

Chelomei faleceu o 28 de decembro de 1984 debido a unha trombose inesperada nun hospital de Moscova tras ser trasladado ao mesmo por un accidente na súa casa.

Notas[editar | editar a fonte]