Virxilio Fernández
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1925 ![]() Ourense, España ![]() |
Morte | 8 de setembro de 2011 ![]() Ourense, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | pintor ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua galega ![]() |
![]() |
Virxilio Fernández Cañedo, nado en Ourense en 1925 e finado na mesma cidade o 8 de setembro de 2011, foi un pintor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Escola de Artes e Oficios de Ourense. Integrouse no grupo "Sete artistas galegos" (Os Artistiñas), con Xaime Quessada, Xosé Luís de Dios, Manuel Buciños, Arturo Baltar, Acisclo Manzano e Xavier Pousa Carrera. Expuxo por primeira vez en 1954 no Liceo ourensán. En 1957 ingresou na École Nationale Supérieure des Beaux Arts de París, para completar a súa formación. En 1972 expuxo por primeira vez en Milán e a partir de 1975 deuse a coñecer en Alemaña. En 1991 realizou unha exposición antolóxica no Centro Cultural Caixavigo que o consagrou definitivamente en Galicia.
Obra
[editar | editar a fonte]Virxilio é un debuxante minucioso e un paisaxista conciso. Tamén é autor de retablos, pintura a modo de baixorrelevo, que transmite un enorme lirismo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pablos, Francisco: Plástica galega. Vigo, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1981.