Arturo Baltar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arturo Baltar Santos, nado en Noalla (San Cibrao das Viñas) en 1924, é un escultor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Autor de esculturas sobre arxila, comezou modelando pequenas pezas ou conxuntos delas, anticipo dos complexos retablos que había de realizar máis tarde, con escenas imaxinarias ou vividas, relixiosas ou profanas. Peregrinos, esmoleiros, cantores de "panxoliñas", son o seu mundo. A súa escenografía policromada, en beléns, boticas, tabernas, altares etc. son a súa obra máis característica, entre a que destaca o belén de Baltar, conxunto de figuras de temática de nadal que continúa en proceso de creación ao londgo dos anos. Está representado en museos de toda Galiza e en importantes coleccións institucionais e particulares.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Trabazo, Luís:Pedra, barro, bronce. Ourense, Inst. de Estudos Ourensáns, 1978.
  • Pablos, Francisco: Plástica galega. Vigo, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1981.
  • Pablos, Francisco:Catálogo Exposición antolóxica. Vigo, 1992.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]