Virus Sudán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sudan virus (SUDV)
Clasificación científica
Grupo: V (Virus ARN monocatenario negativo)
Orde: Mononegavirales
Familia: Filoviridae
Xénero: Ebolavirus
Especie: Sudan ebolavirus
Virus membros (Abreviación)

Sudan virus (SUDV)

O virus Sudán (Sudan virus, SUDV) é un ebolavirus pertencente á especie Ebolavirus Sudán (Sudan ebolavirus), clasificado no xénero Ebolavirus, familia Filoviridae, orde Mononegavirales. O SUDV é o único "virus" membro da súa "especie". É un parente próximo do máis coñecido virus Ebola (EBOV). Igual que outros ebolavirus, o SUDV causa unha enfermidade grave en humanos e (experimentalmente) en primates non humanos chamada enfermidade do virus Ebola que é unha febre hemorráxica viral. O SUDV considérase un axente selectivo, un patóxeno do grupo 4 da Organización Mundial da Saúde, que require bioseguridade de nivel 4, un patóxeno prioritario de categoría A dos NIH/Instituto Nacional da Alerxia e Enfermidades Infecciosas dos Estados Unidos, un axente de bioterrorismo de categoría A dos CDC dos Estados Unidos, e está na lista dos axentes biolóxicos para o control da exportación do grupo Australia.

O virus Sudán foi descrito por primeira vez en 1977,[1][2] e o seu nome deriva de que se atopou no sur do Sudán (desde 2011 esa zona pertence ao Sudán do Sur, despois da partición do Sudán).[3]

Denominacións previas[editar | editar a fonte]

O virus Sudán foi introducido como unha nova "cepa" do virus Ebola en 1977.[1] En 2000 recibiu o nome de Sudan Ebola virus[4] [5] e en 2002 o nome cambiouse a Sudan ebolavirus.[6][7] As abreviacións que se usaron previamente para el foron EBOV-S (para Ebola virus Sudan) e máis recentemente SEBOV (para Sudan Ebola virus ou Sudan ebolavirus). O virus recibiu a súa denominación actual en 2010, cando foi renomeado como Sudan virus, coa abreviación oficial SUDV.[2]

Segundo as normas de nomenclatura do ICTV o nome virus Sudán non se escribe en cursiva, pero si o da súa especie (Sudan ebolavirus).

Criterios de inclusión na especie e no virus[editar | editar a fonte]

Un virus do xénero Ebolavirus é membro da especie Sudan ebolavirus se cumpre os seguintes criterios:

  • É endémico do Sudán ou Uganda.
  • Ten un xenoma con tres solapamentos de xenes (VP35/VP40, GP/VP30, VP24/L)
  • Ten unha secuencia xenómica que se diferencia da do virus Ebola en ≥30%, pero que é diferente da do Sudan virus en <30%.

Un virus da especie Sudan ebolavirus é un is un virus Sudan (SUDV) se o seu xenoma diverxe do do prototipo Sudan virus, Sudan virus variante Boniface (SUDV/Bon), en ≤10% a nivel de nucleótidos.[2]

Enfermidade[editar | editar a fonte]

O SUDV é un dos catro ebolavirus que causan a enfermidade do virus Ebola en humanos, tamén chamada febre hemorráxica do Ebola. O virus apareceu en 1976 nun gromo orixinado probablemente nunha fábrica de algodón da zona de Nzara, despois estendeuse por contacto hospitalario e houbo moitos traballadores sanitariows afectados. No pasado o SUDV causou os seguintes gromos de enfermidade do virus Ebola:

Gromos de enfermidade do virus Ebola debidos ao virus Sudán (SUDV)
Ano Localización xeográfica Casos humanos/mortes (taxa de mortalidade)
1976 Juba, Maridi, Nzara, e Tembura, no Sudán (hoxe no Sudán do Sur) 284/151 (53%)
1979 Nzara, no Sudán (hoxe no Sudán do Sur) 34/22 (65%)
2000–2001 Distritos de Gulu, Mbarara, e Masindi, en Uganda 425/224 (53%)
2004 Condado de Yambio, no Sudán (hoxe no Sudán do Sur) 17/7 (41%)
2011 Distrito de Luweero, en Uganda 1/1 (100%)

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

Non se coñece o hóspede reservorio do SUDV, pero crese que poden ser os morcegos, xa que se sabe que os morcegos albergan a outros filovirus relacionados co SUDV.[8][9]

Bioloxía molecular[editar | editar a fonte]

O SUDV non está caracterizado molecularmente, pero crese que as súas características poden extrapolarse das do mellor coñecido virus Ebola (EBOV). A súa secuencia xenética, organización xenómica e a conservación de marcos abertos de lectura individuais é similar á dos outros ebolabvirus.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Bowen, E. T. W.; Lloyd, G.; Harris, W. J.; Platt, G. S.; Baskerville, A.; Vella, E. E. (1977). "Viral haemorrhagic fever in southern Sudan and northern Zaire, Preliminary studies on the aetiological agent.". Lancet 309 (8011): 571–3. PMID 65662. doi:10.1016/s0140-6736(77)92001-3. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Kuhn, Jens H.; Becker, Stephan; Ebihara, Hideki; Geisbert, Thomas W.; Johnson, Karl M.; Kawaoka, Yoshihiro; Lipkin, W. Ian; Negredo, Ana I; et al. (2010). "Proposal for a revised taxonomy of the family Filoviridae: Classification, names of taxa and viruses, and virus abbreviations". Archives of Virology 155 (12): 2083–103. PMC 3074192. PMID 21046175. doi:10.1007/s00705-010-0814-x. 
  3. Nzara, South Sudan
  4. Netesov, S. V.; Feldmann, H.; Jahrling, P. B.; Klenk, H. D.; Sanchez, A. (2000). "Family Filoviridae". En van Regenmortel, M. H. V.; Fauquet, C. M.; Bishop, D. H. L.; Carstens, E. B.; Estes, M. K.; Lemon, S. M.; Maniloff, J.; Mayo, M. A.; McGeoch, D. J.; Pringle, C. R.; Wickner, R. B. Virus Taxonomy – Seventh Report of the International Committee on Taxonomy of Viruses. San Diego, USA: Academic Press. pp. 539–48. ISBN 0-12-370200-3. 
  5. Pringle, C. R. (1998). "Virus taxonomy-San Diego 1998". Archives of Virology 143 (7): 1449–59. PMID 9742051. doi:10.1007/s007050050389. 
  6. Feldmann, H.; Geisbert, T. W.; Jahrling, P. B.; Klenk, H.-D.; Netesov, S. V.; Peters, C. J.; Sanchez, A.; Swanepoel, R.; Volchkov, V. E. (2005). "Family Filoviridae". En Fauquet, C. M.; Mayo, M. A.; Maniloff, J.; Desselberger, U.; Ball, L. A. Virus Taxonomy – Eighth Report of the International Committee on Taxonomy of Viruses. San Diego, USA: Elsevier/Academic Press. pp. 645–653. ISBN 0-12-370200-3. 
  7. Mayo, M. A. (2002). "ICTV at the Paris ICV: results of the plenary session and the binomial ballot". Archives of Virology 147 (11): 2254–60. doi:10.1007/s007050200052. 
  8. Towner, J. S.; Amman, B. R.; Sealy, T. K.; Carroll, S. A. R.; Comer, J. A.; Kemp, A.; Swanepoel, R.; Paddock, C. D.; Balinandi, S.; Khristova, M. L.; Formenty, P. B.; Albarino, C. G.; Miller, D. M.; Reed, Z. D.; Kayiwa, J. T.; Mills, J. N.; Cannon, D. L.; Greer, P. W.; Byaruhanga, E.; Farnon, E. C.; Atimnedi, P.; Okware, S.; Katongole-Mbidde, E.; Downing, R.; Tappero, J. W.; Zaki, S. R.; Ksiazek, T. G.; Nichol, S. T.; Rollin, P. E. (2009). "Isolation of Genetically Diverse Marburg Viruses from Egyptian Fruit Bats". In Fouchier, Ron A. M. PLoS Pathogens 5 (7): e1000536. doi:10.1371/journal.ppat.1000536. PMC 2713404. PMID 19649327.
  9. Leroy, E. M.; Kumulungui, B.; Pourrut, X.; Rouquet, P.; Hassanin, A.; Yaba, P.; Délicat, A.; Paweska, J. T.; Gonzalez, J. P.; Swanepoel, R. (2005). "Fruit bats as reservoirs of Ebola virus". Nature 438 (7068): 575–576. Bibcode:2005Natur.438..575L. doi:10.1038/438575a. PMID 16319873.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]