Viola de can

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Viola de can
Urðarfjóla.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Malpighiales
Familia: Violaceae
Subfamilia: Violoideae
Tribo: Rinoreeae
Subtribo: Violeae
Xénero: 'Viola'
Especie: V. canina
Nome binomial
'Viola canina'
L.

A viola de can[1] Viola canina é unha especie de viola. Atópase en Eurasia.

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha planta herbácea perennifolia, hemicrptófita de talo ascendente ou erecto e sen roseta basal. As follas son ovadas e máis ou menos cordadas cara e base. As estípulas son estreitamente lanceoladas e dentadas ou fimbriadas. As flores son solitarias, e nacen de longos pedúnculos axilares. Os sépalos son lanceolados, e presentan uns apéndices acrescentes durante a frutificación. Os pétalos son dun azul intenso, cun espolón curto (até 5 mm). O froito é unha cápsula trígona. É unha especie que a miúdo costa recoñecer e que presenta unha gran variabilidade. Diferénciase do grupo da Viola sylvestris Lam., pola ausencia de roseta de follas basais, carácter que ás veces non é doado apreciar. Por outra banda, téñense descrito subespecies de validez non moi clara como as montana (L.) Hartm. e silvensis (Font Quer) O.Bolòs et Vigo.[2]

Hábitat[editar | editar a fonte]

Atópase nos clareiros dos bosques de piñeiro negral, matogueiras altimontanos (xunto a Rhododendron ferrugineum, queiroas Calluna vulgaris etc.) e nos pasteiros alpinos acidófilos.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Viola canina foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 935, no ano 1753.[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar dado por Juan Cuveiro Piñol en 1876 no seu Diccionario Gallego, Barcelona - http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=viola&tipo_busca=lema
  2. "Viola de can". Universidad de las Islas Baleares: Fotografias detalladas e información de la especie. Consultado o 29 de outubro de 2011. 
  3. Viola de can en PlantList
  4. Viola de can en Trópicos

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Böcher, T. W. 1978. Greenlands Flora 326 pp.
  • Scoggan, H. J. 1978. Dicotyledoneae (Saururaceae to Violaceae). 3: 547–1115. In Fl. Canada. National Museums of Canada, Ottawa.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]