Vincenzo Galilei
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 3 de abril de 1520 Santa Maria a Monte (República de Florencia) |
Morte | 2 de xullo de 1591 (71 anos) Florencia (Gran Ducado de Toscana) |
Actividade | |
Ocupación | compositor, teórico da música, musicólogo, laudista |
Profesores | Gioseffo Zarlino (pt) |
Alumnos | Michelagnolo Galilei (pt) |
Instrumento | Laúde |
Familia | |
Fillos | Galileo Galilei, Michelagnolo Galilei |
Pai | Michel Angelo |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Musical Riemann (1901–1904) Biblioteca dixital BEIC, (sec:Galilei, Vincenzo 1533-1591) |
Vincenzo Galilei, nado en Santa María a Monte en 1520 e finado en Florencia o 2 de xullo de 1591, foi un compositor e teórico musical italiano, pai do astrónomo Galileo Galilei. Foi unha figura esencial na vida musical do Renacemento tardío e contribuíu de xeito importante á revolución musical que marca o inicio do Barroco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Algunhas das contribucións teóricas máis importantes de Galilei estiveron no tratamento da disonancia. Ademais, Galilei fixo importantes descubrimentos no campo da acústica, especialmente os relativos á física que implica a vibración de cordas e columnas de aire.[1] É posible que fose o primeiro en establecer que a relación entre a tensión dunha corda e a súa frecuencia de vibración non seguía unha lei física lineal.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Matemáticas y música en la revolución científica - Revista Ciencias". www.revistacienciasunam.com. Consultado o 2024-08-28.
- ↑ MSax (2010-09-19). "Vincenzo Galilei – Within Experimental Error" (en castelán). Consultado o 2024-08-28.