Viktor Zubkov
Viktor Zubkov | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 15 de setembro de 1941 |
Lugar de nacemento | Arbat |
Nacionalidade | Unión Soviética e Rusia |
Relixión | Igrexa ortodoxa rusa |
Alma máter | Saint Petersburg State Agrarian University |
Ocupación | político, emprendedor e economista |
Premios | Orde da Insignia de Honra, Order "For Merit to the Fatherland" I class, Order "For Merit to the Fatherland" II class, Order "For Merit to the Fatherland" III class, Order "For Merit to the Fatherland" IV class, Bandeira Vermella do Traballo, Medal "Veteran of Labour", Order of Alexander Nevsky, Grand Cross of the Order of Merit of Hungary, Weapons of Honour, Honoured Economist of the Russian Federation, Russian Federation Government Certificate of Honour, Honorary citizen of Volgograd, Order of Holy Prince Daniel of Moscow, weapon of honor e Ordem do Mérito da República da Hungria |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Viktor Alekseevich Zubkov (en ruso: Виктор Алексеевич Зубков), nado en Arbat (Sverdlovsk) o 15 de setembro de 1941, é un economista, home de negocios e político ruso que foi presidente do goberno de setembro de 2007 a maio de 2008 e primeiro vicepresidente de Vladimir Putin durante a presidencia de Dmitrii Medvedev.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Zubkov era director do Servizo Federal de Supervisión Financeira ata o 12 de setembro de 2007 cando o presidente Vladimir Putin o elixiu para substituír o primeiro ministro Mikhail Fradkov, o cal cesara ese día.[1][2] A Duma aprobou a elección o 14 de setembro de 2007. O 7 de maio de 2008 segundo indica a Constitución de Rusia dimitiu o gabinete pola inauguración do mandato do presidente de Rusia. Logo Putin designouno como primeiro vicepresidente do seu goberno.
Zubkov é tamén o presidente do consello de administración de Gazprom.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Putin names next prime minister", BBC News, 12 de setembro de 2007.
- ↑ "Putin Dissolves Government, Nominates Viktor Zubkov as New Prime Minister" Arquivado 17 de setembro de 2012 en Wayback Machine., FOX News, 12 de setembro de 2007.