Vida Céltica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Vida Céltiga»)

Vida Céltica
PaísEspaña
Lugar de publicaciónVigo
editar datos en Wikidata ]

Vida Céltica foi unha revista editada en Vigo en 1925.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Revista semanal gráfica-literario-informativa, apareceu o 25 de maio de 1925[1] co título de Vida Céltiga e aos poucos meses modificou a súa cabeceira pola de Vida Céltica. Semanario de información e crítica literaria (saía os luns)[2] fundado por José Gómez Posada-Curros e patrocinado pola casa consignataria de Luis García Reboredo. Incluíu traballos de temática variada e colaboracións literarias en galego e castelán, de Luis Amado Carballo, Victoriano Taibo, Ramón María del Valle Inclán e Leandro Carré Alvarellos; e humor gráfico asinado por Álvaro Cebreiro e Maside.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 19-5-1925, p. 1.
  2. El Pueblo Gallego, 26-5-1925, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]