Victorino Veiga
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 23 de decembro de 1875 Begonte |
| Morte | 5 de xuño de 1945 A Coruña |
Representa: Izquierda Republicana 3 de marzo de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: A Coruña | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | avogado, político |
Victorino Veiga González, nado en Begonte o 23 de decembro de 1875 e finado na Coruña o 5 de xuño de 1945, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Avogado na Coruña, foi socio do Casino Republicano e das Irmandades da Fala. Militante de Izquierda Republicana, nas eleccións xerais de 1936 foi elixido deputado da provincia da Coruña polo Fronte Popular. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 acolleu na súa casa de Vilaboa (Culleredo) a Juana Capdevielle. Foi detido e encarcerado. Xulgado en consello de guerra o 10 de marzo de 1941, foi absolto, pero o Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas sancionouno en maio dese ano con oito anos de inhabilitación e coa multa de 6.000 pesetas. Satisfeita a sanción, recobrou a libre disposición dos bens en outubro de 1941.[1] Despois de pasar pola prisión exerceu como avogado na Coruña. Finou na Coruña o 5 de xuño de 1945.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Elisa de Bernardo e foi pai de Victorino Veiga de Bernardo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BOE, 21-10-1941, p. 3838.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 7-6-1945, p. 3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barreiro, X. R. (coord.); Barreiro, X. R.; López, B.; Mínguez, X. L. (2003). "VEIGA GONZÁLEZ, Victorino". Parlamentarios de Galicia. Biografías de deputados e senadores (1810-2003) II. Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia/RAG. p. 80. ISBN 84-87987-27-3. doi:10.32766/rag.168.