Victoria Legrand

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Victoria Legrand
Nome completoVictoria Garance Alixe Legrand
Data nacemento28 de maio de 1981 (42 anos)
Nado enParís, Francia
Ocupacióncantante
Instrumento(s)voces, teclados, piano, baixo
Relacionado conBeach House
Tempo en activo2004 - presente
Na rede
http://www.beachhousebaltimore.com
Musicbrainz: a06e38d2-2510-4729-b731-56e83fb9dfcc Songkick: 4484278 Discogs: 592309 Allmusic: mn0000922011 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Victoria Garance Alixe Legrand, nada en París o 28 de maio de 1981, é unha músico franco-estadounidense, coñecida sobre todo por ser a principal vocalista, compositora e teclista da banda de dream pop Beach House.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Legrand medrou en Filadelfia (Pensilvania). De nena comezou a aprender a tocar o piano, pero deixouno con 18 anos.[1] Estudou arte dramático no Vassar College.[2] Despois de graduarse no ano 2003 mudouse a París para estudar interpretación en L'École Internationale de Théâtre Jacques Lecoq. Tras quedar decepcionada coa escola regresou a Filadelfia en 2004.[3]

Victoria é sobriña do compositor francés Michel Legrand e de Christiane Legrand de The Swingle Singers.[4] De adolescente formou parte dunha banda de versións de Led Zeppelin.[5]

Artigo principal: Beach House.

No ano 2004 Legrand coñeceu ao nativo de Baltimore Alex Scally, e rapidamente formaron un dúo, Beach House.[6] Legrand adoita a mencionar como traballan organicamente xuntos, e como, en Scally, atopou a súa "alma xemelga musical".[7] Os dous levan gravados sete álbums de estudio como Beach House: Beach House (2006), Devotion (2008), Teen Dream (2010), Bloom (2012), Depression Cherry e Thank Your Lucky Stars (2015), e 7 (2018).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Zaleski, Annie. "Interview: Beach House's Victoria Legrand". Riverfront Times (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2018. Consultado o 2019-11-02. 
  2. "Home - This is Vassar: The newsletter for Vassar College Alumnae/i and Families". alumsdigest.vassar.edu. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2017. Consultado o 2019-11-02. 
  3. "Beach House: Tidal Pull". The FADER (en inglés). Consultado o 2019-11-02. 
  4. "Interview: Victoria Legrand of Beach House | The Village Voice". www.villagevoice.com. Consultado o 2019-11-02. 
  5. "Beach House". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-11-02. 
  6. Carew, Anthony. "An Interview with Alex Scally of Beach House". LiveAbout (en inglés). Consultado o 2019-11-02. 
  7. "Beach House's Victoria Legrand and Alex Scally are not a couple—so stop asking". Music. Consultado o 2019-11-02.