Saltar ao contido

Vicky, o viquingo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vicky, o viquingo é unha serie animada alemá e xaponesa, realizada en 1974 pola empresa xaponesa Nippon Animation. Foi emitida en España por TVE en castelán nos anos 1975 e 1976, sendo un grande éxito. Seguiríana despois con grande éxito outras series como "Heidi" e "Marco", que tamén contan coa versión galega.

Vicky o viquingo dobrouse con posterioridade ao galego para se emitir no espazo infantil Xabarín Club da Televisión de Galicia.

A historia baséase nas personaxes creadas polo escritor sueco Runer Johnson co mesmo nome.

Relata as aventuras de Vicky e dos habitantes da pequena aldea de Flake (situada entre Suecia e Noruega).

A serie componse de 78 capítulos de aproximadamente 23 minutos de duración.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Halvar - Xefe da aldea viquinga de Flake e pai de Vicky, Halvar non gusta que lle desobedezan ou que pensen que teñen mellores ideas ca el. Defende que o seu fillo Vickie se porte como un verdadeiro viquingo, aínda que co tempo, acaba por se decatar do que o fillo lle di, que ás veces é mellor usar a cabeza en vez da forza bruta para resolver un problema.
  • Ilda/Ylva - Esposa de Halvar e nai de Vicky, apoia o fillo sempre que este ten unha idea. Tal como todas as outras mulleres da aldea, mantén o home á raia, e non gusta cando este lle responde.
  • Vickie - Fillo de Halvar e Ilda, é o heroe da historia. É máis esperto que os restantes viquingos, consegue arranxar o xeito de saír dos problemas e pasar obstáculos grazas ás súas ideas. Ao contrario do seu pai, defende que o uso da forza en certas situacións é dispensábel e que todo se pode conseguir se pensaren un pouco.
  • Ylvy - Unha rapariga da mesma idade de Vicky, que é tamén a súa curmá. Xeralmente gusta de andar co Vicky cando este está en Flake e é grande adepta dos seus plans.
  • Gilby - Un rapaz que é rival de Vickie. A pesar de non ser mais esperto que Vicky, Gilby é máis forte ca Vicky, conseguindo vencelo en varios desafíos nos cales a forza física é necesaria.
  • Tjure - De temperamento sempre quente, Tjure é o carpinteiro da aldea de Flake. Como se irrita facilmente, pasa a vida a discutir con Snorre, que o aborrece constantemente.
  • Snorre - De todos os viquingos de Flake, Snorre é o máis pequeno, e como tal, é o espía perfecto. É coñecido por pasar a vida a discutir con Tjure e por conseguir imitar tanto persoas como animais. Xeralmente é quen axuda a Vicky cando este precisa dun voluntario para os seus plans.
  • Urobe - O home máis vello da aldea, Urobe é un gran coñecedor da cultura e lendas viquingas así como das herbas medicinais.
  • Gorm - Gorm pasa a vida sempre entusiasmado con calquera cousa que lle aconteza, dando pulos de alegría. Xeralmente cando se ve nunha mala situación, fica completamente apático.
  • Ulme - O poeta viquingo de Flake, anda sempre coa súa lira e pasa o tempo a compor as máis diversas cantigas e versos sobre as aventuras de Vicky e dos seus compañeiros.
  • Fax - Fax é o maior, máis forte e máis larpeiro de todos os viquingos de Flake. Aínda así, o seu tamaño só se compara ao tamaño da bondade do seu corazón. É tímido e reservado.
  • Sven - Máis coñecido como "Sven, o Terríbel", é o feroz inimigo dos viquingos de Flake. É coñecido por non ter nin dó nin piedade cando ataca un navío ou unha aldea.
  • Baltac - É o xefe da aldea veciña de Schlack e é visto coma un rival de Halvar, pensando sempre que consegue ser mellor que el en todo.

Adaptación de cinema e televisión

[editar | editar a fonte]

O actor, director e produtor Michael Herbig fixo, en 2008, unha versión cinematográfica de Vicky con personaxes reais.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]