Vicente Irisarri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Vicente Irisarri Castro")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vicente Irisarri
Nacemento1951
 Vigo
NacionalidadeEspaña
OcupaciónPolítico
IrmánsJesús Irisarri
editar datos en Wikidata ]

Vicente Luis Irisarri Castro, nado en Vigo en 1951, é un enxeñeiro e político galego, alcalde de Ferrol dende 2007 ata 2011, polo PSdeG-PSOE. É ademais irmán do arquitecto Jesús Irisarri.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É enxeñeiro naval, estudos que cursou en Madrid e aos que engade varios cursos de postgrao. A súa experiencia profesional estivo centrada na xestión empresarial, tanto en empresas privadas como públicas. Desempeñou o cargo de presidente de Portos de Galicia, ente público adscrito á Xunta de Galicia, dende onde participou na planificación e xestión do sistema portuario galego.

Ligado a Ferrol, exerceu como director da empresa Fenya e tamén da cooperativa Passco. Foi presidente da Xunta do Porto de Ferrol, máis tarde Autoridade Portuaria, nunha etapa na que se remodelou a zona do peirao urbano de Curuxeiras, se rexeneraron as praias de Caranza e A Graña e se puxeron en funcionamento o chamado ‘Novo Peirao’ e a terminal de Endesa.

No eido deportivo, fundou e dirixiu durante 18 anos o Océano Surf Club, o primeiro club de surf de Galiza, e a competición internacional Pantín Classic.

Tras unha dilatada traxectoria como militante político, e precandidato á Alcaldía de Ferrol nunhas primarias internas dos socialistas, Irisarri foi nomeado candidato a alcalde de cara ás eleccións de maio de 2007, abandonando o seu cargo de presidente de Portos de Galicia.

A súa candidatura foi a máis votada o 27 de maio, con 9 dos 25 concelleiros da corporación, fronte aos 4 con que contaban os socialistas no mandado precedente. Porén, a súa condición de maioría relativa obrigou a asinar o 15 de xuño un pacto de gobernabilidade con Esquerda Unida-Izquierda Unida (EU-IU).

Ese pacto quedaría rachado en outubro de 2008, intre dende o que os socialistas afrontan o goberno da cidade en minoría.


Predecesor:
Juan Juncal
 Escudo de Ferrol.svg
alcalde de Ferrol
 
2007-2011
Sucesor:
José Manuel Rey Varela

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outras artigos[editar | editar a fonte]