Bermudo Froilaz
Biografía | |
---|---|
Lugar de sepultura | Mosteiro do Couto |
Conde de Traba | |
Outro | |
Título | Conde |
Familia | Casa de Traba |
Fillos | Froila Bermúdez |
Bermudo Froilaz, chamado "Manido", foi un nobre galego do século XI vinculado á terra de Trasancos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu bisavó foi Froila González (f. 1017), aliado de Almanzor na súa razzia á Compostela do ano 997, e condenado ao desterro polo rei Afonso V. O dous avós de Bermudo Froilaz foron fillos de Froila González: Gonzalo Froilaz, pai de Eneca González (Eneca Gundisalviz); e Rodrigo Froilaz, pai de Froila Rodríguez (Froila Roderici). Os dous fillos de Gonzalo e Rodrigo, os curmáns Eneca e Froila, foron os pais do conde Bermudo[1].
Bermudo Froilaz casou en primeiras nupcias coa aristócrata Guntronda de Riveira, filla do conde Adoino de Riveira[2], e posteriormente con Dona Lupa Rodríguez, falecida no 1071. Deste segundo matrimonio tivo dous fillos: Lucia Bermúdez e Froila Bermúdez. A través da descendencia do conde Froila Bermúdez naceu a, denominada pola historiografía, casa de Traba. Liñaxe nobre do Reino de Galiza de enorme poder económico e político en todo o norte da Península Ibérica durante os séculos XI e XII[3].
Esta soterrado xunto a súa segunda esposa e o seu fillo Froila no Mosteiro de San Martiño de Xuvia[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ LÓPEZ SANGIL 2005. p. 15
- ↑ "Liñaxe Riveira". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 17/10/2018.
- ↑ "Liñaxe Froilaz-Traba". Xenealoxías do Ortegal. Arquivado dende o orixinal o 21/01/2022. Consultado o 17/10/2018.
- ↑ LÓPEZ SANGIL 2005. p. 16
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- López Sangil, J. L. (2005). A nobreza altomedieval galega. A familia Froilaz-Traba. Toxosoutos.