Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Verkhoiansk (en rusoВерхоянск, en iacutoҮөһээ Дьааҥы) é unha cidade de Rusia, na República de Sakha, centro do seu distrito localízase na banda dereita do río Iana, cerca do Círculo Ártico, (67º 33' N) a 900 km de Iakutsk a 127 metros sobre o nivel do mar, a súa poboación é de 1269 habitantes (2008), mantén o título de cidade por razóns históricas. Conta cun pequeno aeroporto.
En 1638 os cosacos fundaron o primeiro asentamento, a 90 km ao suroeste da actual localización, foi en 1775 cando por razóns comerciais o asentamento se transferiu para o río Iana. En 1817 recibiu o status de cidade. Entre 1860 e 1917 deportouse á cidade a numerosos presos políticos do réximo tsarista.
O 15 de xaneiro de 1885 A Academia de Ciencias de Rusia recolleu durante unha expedición de recolleu unha temperatura de -71 °C, segundo algunhas fontes é a temperatura máis baixa do hemisferio norte, outras fontes apuntan a Oymyakon. A temperatura máis alta rexistrada é de 38 °C (20 de xuño de 2020)[1].