Oymyakon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 63°27′39″N 142°47′9″L / 63.46083, -142.78583

Oymyakon
Оймяко́н
Oymyakon forests.jpg
Oymyakon en febreiro de 2013.
Localización
Oymyakon en Rusia
Oymyakon
Oymyakon
PaísFlag of Russia.svg Rusia
SubdivisiónRepública de Sakha
DistritoDistrito Oymyakonsky
Demografía
Poboación500 (2011)
Outros datos
Código postal678752

Oymyakon (ruso: Оймяко́н, iacut: Өймөкөөн, Öymököön) é unha localidade do Leste de Siberia (Rusia), xunto ó Río Indigirka, na República de Sakha, en 2010 tiña 462 habitantes. É coñecida por ter o marca de temperatura máis baixa nunha localidade permanentemente habitada, co valor de -71,2ºC (-96ºF), rexistrado en xaneiro de 1926.

Oymyakon sitúase a 63º 15' Norte de latitude e 143º 9' Este de lonxitude, cerca de 800 quilómetros ó leste de Yakutsk, unha das máis importantes cidades de Siberia.

O seu nome en lingua iacut significa «auga líquida» ou «auga que non se conxela», debido ás augas termais próximas ao asentamento.[1]​ O inverno dura nove meses e é moi duro, os peixes conxelanse en só trinta segundos despois de ser sacados do río e gárdanse nos sotos das casas ao igual que o leite, que xamais é líquido, e a gasolina dos autobuses solidificase se se apaga o motor. Os habitantes aliméntanse de carne de cabalo e reno. O curto período estival permite obter algúns vexetais, ausentes dos hábitos alimentarios durante todo o resto do ano.

A escola pecha cando as temperaturas se sitúan por baixo dos -52 °C. A tinta das estilográficas conxélase habitualmente, e todo o equipamento electrónico presenta un mal comportamento en función das diferentes reaccións de dilatación e contracción dos metais a temperaturas extremadamente baixas.

Climograma de Oymyakon.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rodríguez Pina, Gloria (22 de xaneiro de 2017). "Cosas de la vida a -50 ºC en Oymyakon, el pueblo más frío del mundo". Verne (en castelán).