Ventura de los Reyes Prósper

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ventura de los Reyes Prósper
Nacemento31 de maio de 1863
 Castuera
Falecemento27 de novembro de 1922
 Toledo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidad Central
Ocupaciónmatemático e naturalista
editar datos en Wikidata ]

Ventura de los Reyes y Prósper, nado en Castuera (Badaxoz) o 31 de maio de 1863 e falecido en Madrid o 27 de novembro de 1922, foi un científico español, un dos máis notables do seu tempo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun facultativo de minas sevillano que dirixía unha mina de chumbo. Distintos traslados do seu pai levaron á familia primeiro a Córdoba e despois a Murcia onde cursou o bacharelato. En 1879 foise a Madrid onde se doutorou na Universidade coa súa tese: Catálogo das aves de España, Portugal e Illas Baleares. Máis tarde realizou investigacións sobre fósiles e moluscos. Foi un dos cinco membros da sociedade española de historia natural encargándose da clasificación dos moluscos.

O seu coñecemento de varias linguas (francés, inglés, alemán, ruso, sueco, danés, latín e grego), permitiulle a lectura de libros e revistas estranxeiras e a comunicación con científicos de todo o mundo.

Foi o primeiro español que publicou nunha revista estranxeira de matemáticas e un dos primeiros españois que tivo correspondencia científica con matemáticos europeos. Foi profundando en matemáticas sen abandonar as ciencias naturais co que conseguiu unha formación matemática insólita nesa época en España. Dous dos campos aos que se dedicou foron a lóxica matemática e a xeometría euclidiana. Un home apaixonado polo estudo e consagrado a iso.

Tubo como discípulo o naturista e xeógrafo catalán Emili Huguet i Serratacó co cal estudou a vexetación da serra de Gredos.

En 1887 asinou unhas oposicións para a cátedra de historia natural da universidade de Valladolid. Ese mesmo ano estivo en Alemaña acompañando ao seu irmán Eduardo, catedrático de botánica na a Universidade Complutense. Trabou amizade con Félix Klein e Ferdinand Lindermann. En 1888 realizou outras oposicións sen éxito para institutos. En 1891, a cátedra de historia natural no instituto provincial de Teruel, obtendo anos despois a de matemáticas, física e química. Mantivo correspondencia científica con destacados científicos do momento, entre eles, Peano, Venn, Pasch, Peirce, Scharöder e Cristina Ladd-Frankling. Outros artigos versaron sobre biografías de matemáticos notables como os europeos Wolfang e Janos Solilla, e o español Juan Martínez Silicio. Se se dedicase soamente ás ciencias naturais puidese alcanzar unha cátedra Universitaria desta especialidade, pero o seu amor ás matemáticas fíxolle rexeitar esta posibilidade.

O seu labor como naturista e matemático foi recoñecida internacionalmente, a pesar do aislacionismo científico que supuña vivir en Toledo naqueles anos, sendo membro de diversas academias, entre elas: a sociedade física matemática da Universidade de Kasan (Rusia) e a sociedade astronómica de Francia.

Loitou por modernizar o ensino das ciencias e das matemáticas nos Institutos de Ensino Medio potenciando os laboratorios e a incorporación de novos contidos no currículo.

En 1989 fundouse en Estremadura a Sociedade Extremeña Matemática Ventura Reyes Prosper, dedicada á divulgación matemática.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Ventura Reyes Prósper, matemático extremeño en PDF