Vasyl Lomachenko
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 17 de febreiro de 1988 Bilhorod-Dnistrovsky, Ucraína (pt) |
| Educación | K. D. Ushynsky South Ukrainian National Pedagogical University (en) |
| Altura | 170 cm |
| Peso | 60 kg |
| Actividade | |
| Ocupación | soldado (2022–), boxeador |
| Período de actividade | - 5 de xuño de 2025 |
| Nacionalidade deportiva | Ucraína |
| Deporte | boxeo |
| Disciplina deportiva | peso leve (pt) super featherweight (en) featherweight (pt) |
| Participou en | |
| 2012 | Boxe nos Jogos Olímpicos de Verão de 2012 - Peso leve masculino (pt) |
| 2008 | Boxe nos Jogos Olímpicos de Verão de 2008 - Peso pena (pt) |
| Familia | |
| Pai | Anatoliy Nikolaevitsj Lomatsjenko |
| Premios | |
| Sitio web | lomachenko.com |
| Cadro de medallas | |||
|---|---|---|---|
| Competindo para | |||
| Xogos Olímpicos | |||
| Beijing 2008 | Boxeo, peso pluma | ||
| Londres 2012 | Boxeo, peso lixeiro | ||
| Campionato Mundial de Boxeo Afeccionado | |||
| Chicago 2007 | Boxeo, peso pluma | ||
| Milán 2009 | Boxeo, peso pluma | ||
| Bakú 2011 | Boxeo, peso lixeiro | ||
| Campionato Europeo de Boxeo Afeccionado | |||
| Liverpool 2008 | Boxeo, peso pluma | ||
Vasyl Anatoliiovich Lomachenko (en ucraíno: Василь Анатолійович Ломаченко), nado o 17 de febreiro de 1988, é un boxeador ucraíno profesional, actual campión mundial dos pesos pluma da OMB e campión nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 e Londres 2012.
Carreira como afeccionado
[editar | editar a fonte]No Campionato Mundial de Boxeo Afeccionado de 2007, Lomachenko acadou a medalla de prata tras perder na final contra Albert Selimov, vencendo a Abner Cotto na primeira rolda e a Theodoros Papazov, Mikhail Bernadski, Arturo Santos Reyes e Li Yang en roldas posteriores.
A súa primeira medalla olímpica foi a conseguida nas Olímpiadas de Pequín 2008, vencendo a todos os seus opoñentes, incluído Selimov, a quen derrotou na primeira rolda, e gañando o Trofeo Val Barker.
Nas olimpíadas de Londres 2012, Lomachenko gañou a súa segunda medalla de ouro consecutiva derrotando na final ao surcoreano Han Soon-Chul. Lomachenko finalizou a súa carreira como afeccionado cun impresionante récord de 396-1, perdendo só ante Albert Selimov.
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]Despois de gañar a súa segunda medalla olímpica de ouro, Lomachenko deu o salto ao boxeo profesional, firmando un contrato co promotor Top Rank. Fixo o seu debut profesional o 12 de outubro do 2013 contra José Ramírez.
Lomachenko vs Salido
[editar | editar a fonte]Lomachenko retou no seu segundo combate profesional a Orlando Salido polo campionato de peso pluma da OMB, buscando bater o récord de Saensak Muangsurin (quen gañara o seu primeiro campionato ao teceiro combate[1]) e gañar un campionato tan só no seu segundo combate. Salido aceptou o combate e terminou gañando por decisión dos xuíces, malia a controversia do combate, tras afirmarse que o mexicano pesaba 147 libras, 11 libras máis (5 kg) que Lomachenko[2] .
Récord profesional
[editar | editar a fonte]| Resultado | Récord | Opoñente | Tipo | Rolda, Tempo | Data | Estadio, Cidade | Notas |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Gañado | 5-1 | KO | 10 (12), 2:35 | 07-11-2015 | Retén o título de peso pluma da OMB | ||
| Gañado | 4-1 | KO | 9 (12), 0:50 | 02-05-2015 | Retén o título de peso pluma da OMB | ||
| Gañado | 3-1 | UD | 12 | 22-11-2014 | Retén o título de peso pluma da OMB | ||
| Gañado | 2-1 | MD | 12 | 21-06-2014 | Gaña o título de peso pluma da OMB | ||
| Perdido | 1-1 | SD | 12 | 1-03-2014 | Polo título de peso pluma da OMB | ||
| Gañado | 1-0 | KO | 4 (10), 2:59 | 12-10-2013 | Debut profesional. Gaña o título de peso pluma internacional da OMB |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BoxRec (ed.). "Saensak Muangsurin" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 10 de maio de 2015.
- ↑ Boxing Insider (ed.). "Vasyl Lomachenko: A Star Isn’t Born" (en castelán). Consultado o 10 de maio de 2015.
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |