Vanessa Nakate

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVanessa Nakate

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de novembro de 1996 Editar o valor em Wikidata (27 anos)
Kampala, Uganda Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUganda Editar o valor em Wikidata
EducaciónMakerere University Business School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosCastaño Editar o valor em Wikidata
Cor do peloCabelo castaño e pelo negro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEconomia empresarial (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactivista climática Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2018 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
22 de maio de 2022World Economic Forum Annual Meeting 2022 (en) Traducir
IMF 2022 Annual Meetings (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: vanessa_vash Editar o valor em Wikidata

Vanessa Nakate, nada en Kampala o 15 de novembro de 1996, é unha activista climática ugandesa.[1] Medrou en Kampala e comezou o seu activismo en decembro de 2018, despois de térense rexistrado unhas temperaturas infrecuentemente altas no seu país.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nakate graduouse en xestión empresarial en Márketing pola Escola de Negocios da Universidade Makerere.[3]

Accións polo clima[editar | editar a fonte]

Inspirada por Greta Thunberg, comezou o seu propio movemento climático en Uganda, comezando en xaneiro de 2019 cunha folga en solitario contra a inacción do seu país fronte a crise climática.[4] Ó longo de varios meses foi a única manifestante fóra das portas do Parlamento de Uganda.[3] Finalmente, outros mozos comezaron a responder ás súas chamadas nas redes sociais para axudala e chamar a atención sobre a difícil situación das selvas tropicais no Congo.[5] Nakate fundou "Youth for Future Africa" (Mocidade pola África do Futuro) e o movemento Rise Up (Érguete), con sede en África. [6]

En decembro de 2019, Nakate foi unha das poucas activistas xuvenís que falou na reunión da COP25 en España.[7]

A comezos de xaneiro de 2020, uniuse a outros 20 mozos activistas climáticos de todo o mundo para publicar unha carta ós participantes no Foro Económico Mundial, pedindo ás empresas, bancos e gobernos que deixen de subsidiar os combustibles fósiles.[8] Quedou no campamento base do Ártico en Davos durante o Foro Económico Mundial. Posteriormente, os delegados uníronse a unha marcha climática o derradeiro día do Foro.[9]

En marzo de 2022, activistas ambientais ugandeses atacaron o megaproxecto petroleiro TotalEnergies no leste de África. A Asemblea Nacional francesa recibiu catro principais activistas xuvenís, os cales fixeron presión para que o goberno se posicione sobre o proxecto. Vanessa Nakate foi unha delas.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pais, El (6 de decembro de 2019). "'Greta Thunberg in Madrid: “I hope world leaders grasp the urgency of the climate crisis”". El País (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 25 de xaneiro de 2020. 
  2. Hanson, James (28 de outubro de 2019). "3 young black climate activists in Africa trying to save the world". www.greenpeace.org.uk. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2020. Consultado o 25 de xaneiro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 "22-year-old Nakate takes on lone climate fight". The Observer (en inglés). 30 de maio de 2019. Consultado o 25 de xaneiro de 2020. 
  4. Feder, J. Lester (7 de febreiro de 2019). "A Huge Climate Change Movement Led By Teenage Girls Is Sweeping Europe. And It’s Coming To The US Next.". BuzzFeed News (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2020. 
  5. "Glasgow student follows Greta Thunberg with 30 day climate crisis strike". Glasgow Times (en inglés). 25 de novembro de 2019. Consultado o 25 de xaneiro de 2020. 
  6. Bort, Ryan (23 de xaneiro de 2020). "A Rolling Stone Roundtable With the Youth Climate Activists Fighting for Change in Davos". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2020. 
  7. "Climate change: What's Greta been saying at the COP25 conference in Madrid?". BBC (en inglés). 7 de decembro de 2019. Consultado o 25 de xaneiro de 2020. 
  8. "At Davos we will tell world leaders to abandon the fossil fuel economy". The Guardian (en inglés). 10 de xaneiro de 2020. Consultado o 25 de xaneiro de 2020. 
  9. Sengupta, Somini (24 de xaneiro de 2020). "Greta Thunberg Joins Climate March on Her Last Day in Davos" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2020. 
  10. "African youth activists in French National Assembly over Total's oil pipeline in East Africa" (en inglés). RFI. 17-03-2022. Consultado o 17-03-2022.