Valeriano Orobón Fernández
Valeriano Orobón Fernández | |
---|---|
Nome completo | Valeriano Orobón Fernández |
Nacemento | 1901 |
Lugar de nacemento | Cistérniga |
Falecemento | 1936 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor, poeta, sindicalista, político, tradutor, compositor de cancións e autor |
Coñecido por | A las barricadas |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Valeriano Orobón Fernánez, nado en La Cistérniga (provincia de Valladolid) en 1901 e finado en Madrid en 1936, foi tradutor e teórico do anarcosindicalismo, e creador da letra en castelán da canción "A las barricadas".
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Valerio Orobón Fernández foi activo na loita obreira desde moi novo. Home intelectual e con facilidade para os idiomas, traduciu a biografía de Max Nettlau realizada por Rudolf Rocker.
Entre as súas contribucións teóricas resalta o seu empeño en lograr unha alianza obreira revolucionaria para pechar o paso ó crecente fascismo e preparar o camiño cara á revolución. Tras esta, Orobón consideraba que os sindicatos eran o medio para organizar a sociedade de forma descentralizada tanto política como economicamente, chegando a afirmar que o anarcosindicalismo era a forza revolucionaria máis importante en España. Manifestou o seu rechazo ás propostas comunistas de estado e puxo énfase en que os seus partidarios non puidesen ter influencia na CNT.
Puxo letra en castelán á "Warschawjanka", máis coñecida como "A las barricadas", o himno da CNT e canción popular do movemento anarquista.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Recensión de El pensamiento y la acción de Valeriano Orobón Fernández de José Luis Gutiérrez Molina na revista Bicel, da Fundación de Estudios Libertarios Anselmo Lorenzo (en castelán).
- "Orobón Fernández: un anarquista unitario y pluralista", artigo de Pepe Gutiérrez-Álvarez en www.alasbarricadas.org, 17 de xullo de 2008 (en castelán).