Saltar ao contido

Ricardo Bértola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRicardo Bértola
Biografía
Actividade
Ocupaciónpolítico, escritor Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosPilar Bértola Cabaleiro Editar o valor en Wikidata

Ricardo Bértola foi un político e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Participou en Pontevedra en actos obreiros dende 1916.[1] Foi elixido presidente da sociedade deportiva España C. F. para 1917.[2] Participou na velada organizada pola Juventud Socialista en agosto de 1918 para conmemorar o primeiro aniversario da folga xeral de agosto de 1917, xunto a Valeriano Barros Iglesias, Dionisio Quintillán Cardesín, Francisco Otero Juncal e José Gómez Osorio.[3] Foi elixido presidente da Juventud Socialista de Pontevedra en 1918.[4] Cesou no cargo ao marchar a Barcelona en 1920.[5] En Barcelona traballou como empregado dos tranvías. Integrouse na Casa de Galicia de Barcelona, da que foi elixido secretario en 1930.[6] En 1931 estreouse na Casa de Galicia a súa comedia Nobleza gallega.[7]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Peregrina Cabaleiro e foi pai de Pilar Bértola Cabaleiro.

  1. La Correspondencia Gallega, 23-1-1916, p. 1.
  2. La Correspondencia Gallega, 24-12-1916, p. 3.
  3. *Marco, Aurora (2007). "O socialismo pontevedrés a comenzos do século XX. Ramiro Paz Carbajal (1891-1936)". Claridade (Fundación Luís Tilve). setembro (Especial homenaxe): 35–42. Consultado o 28 de xaneiro de 2021. 
  4. Acción Obrera, 3-8-1918, p. 4.
  5. Aurora, 15-3-1920, p. 9.
  6. El Ideal Gallego, 19-9-1930, p. 2.
  7. La Vanguardia, 30-4-1931, p. 19.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]