Valentín de Terni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Valentín de Terni
Nacemento175
Lugar de nacementoTerni
Falecemento14 de febreiro de 273
Lugar de falecementoRoma
Causadecapitación
NacionalidadeRoma Antiga
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónmédico
editar datos en Wikidata ]
San Valentín curando un epiléptico (detalle), comezo do século XVI, Augsbourg, Alemaña.

Valentín de Terni, (nome de orixe latina que significa «que vai ben, o que está san, forte»), foi un crego do século III que morreu martirizado. Está considerado santo polo Cristianismo, e tomado como protector dos epilépticos e dos namorados. Celébrase a súa festividade o 14 de febreiro, Día dos namorados.

Historia e crenza[editar | editar a fonte]

A crenza na protección particular dos namorados ven desde a alta Idade Media: pensábase que os paxaros a partir dese día, 14 de febreiro, comezaban a facer os niños, día de festa. Era moi difundido este culto en Alemaña, de onde provén case exclusivamente a maior parte da iconografía.

A representación de San Valentín como bispo ou como crego débese a unha confusión de identidade; pode ter por atributo o bastón pastoral, a palma do martirio, ou tamén dun neno epiléptico. Parece que poden reunirse nunha soa e mesma persoa os dous Valentín, pois viviron en Italia no século III, foron mártires eclesiásticos, conmemorados o 14 de febreiro polo martyro romano: un crego e un bispo.

  • Foi decapitado o sacerdote romano en 268, baixo o emperador Claudio II O Gótico, por converter ao cristianismo ao prefecto Astère e toda a familia despois ser curada da cegueira, á súa filla cega desde a idade de dous anos. Foi enterrado na beira da vía Flaminia, onde logo o papa Xulio I mandou que se construíse máis tarde unha basílica.
  • A tradición presenta outro Valentín que se consagrou como bispo de Terni (Interamnæ) en Umbría, a partir do ano 203. Moi coñecido polos seus milagres e virtudes, foi a Roma invitado por un filósofo chamado Cratón (que era pagán), cuxo fillo sufría dunha enfermidade incurable. O bispo acudiu á súa invitación, prometeulle a curación do fillo coa condición de que se convertese ao cristianismo con toda a súa familia. Aceptada a condición, o bispo púxose a rezar e repentinamente, o rapaz quedou completamente curado. É debido a isto, foi encarcerado en primeiro lugar, logo, negándose a sacrificar os ídolos, despois de encadeado e mallado a paus, foi finalmente decapitado, no ano 273, resultas das persecucións do emperador Aureliano e non de Claudio II, como algúns historiadores cren. O seu corpo foi recollido polos seus discípulos e enterrado a Terni, na vía Flaminia.

Estas son pois a identidade dos dous nomes, a coincidencia dos lugares de sepultura e a semellanza dos martirios na mesma época, conduciron a confundir os dous Valentín nun e único Santo.

A festividade foi borrada do calendario eclesiástico no ano 1969 como parte dun intento para eliminar santos de orixe posiblemente lendario, aínda que segue sendo celebrada localmente por algunhas parroquias.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]