Vaga de ataques de tiburón de Nova Jersey de 1916
A vaga de ataques de tiburón de Nova Jersey de 1916 foi unha serie de ataques de tiburón ó longo da costa de Nova Jersey, nos Estados Unidos, entre o 1 e o 12 de xullo de 1916, no que catro persoas morreron e unha foi ferida. Dende 1916, os estudosos debateron sobre que especies foron as responsables e o número de animais envoltos, sendo o tiburón branco e o tiburón touro as máis mencionadas. Os incidentes ocorreron no verán durante unha onda de calor e unha epidemia de poliomielite no nordeste dos Estados Unidos de América, o que provocou que milleiros de persoas acudisen ós resorts da costa de Jersey Shore. Os ataques de tiburóns na costa leste atlántica fóra das áreas semitropicais dos estados de Florida, Xeorxia, Carolina do Norte e Carolina do Sur son raros, pero os estudosos cren que o incidente se produciu polo aumento de persoas e tiburóns nas augas.
As reaccións locais e nacionais motivaron unha onda de pánico que fixo que os cazadores de tiburóns quixesen erradicar a poboación de tiburóns "devora-homes" e deste xeito protexer a economía das comunidades locais de Nova Jersey. As vilas turísticas protexeron as súas praias públicas con redes de metal para a seguridade dos bañistas. O coñecemento científico sobre os tiburóns antes de 1916 estaba baseado en conxecturas e especulacións. Os ataques forzaron os ictiólogos a reconsiderar as crenzas comúns sobre as habilidades dos tiburóns e a natureza dos seus ataques.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vaga de ataques de tiburón de Nova Jersey de 1916 |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Capuzzo, Michael. "Close to Shore: A True Story of Terror in an Age of Innocence". Nova York. Broadway Books, 2001. ISBN 978-0-7679-0413-1.
- Fernicola, Richard G. In Search of the "Jersey Man-Eater": An Exhaustive Investigation of the Infamous Shark Attacks that Plagued the New Jersey Shore during the Summer of 1916. Deal, N.J.: George Marine Library, 1986. OCLC 16678080
- Fleming, Thomas J. New Jersey: A History. Nova York: W. W. Norton, 1984. ISBN 0-393-30180-X.
- Genovese, Peter. The Jersey Shore Uncovered: A Revealing Season on the Beach. New Brunswick, New Jersey: Rutgers University Press, 2003. ISBN 0-8135-3315-5.
- Henderson, Helen. Matawan and Aberdeen: Of Town and Field. Charleston, S.C.: Arcadia Publishing, 2003. ISBN 0-7385-2403-4.
- May, Nathaniel. Shark: Stories of Life and Death from the World's Most Dangerous Waters. Nova York: Thunder's Mouth Press, 2002. ISBN 1-56025-397-5.
- Nichols, John T. Fishes of the vicinity of New York city, by John Treadwell Nichols, with an introduction by William K. Gregory. Nova York, Printed at the Museum, 1918. http://www.biodiversitylibrary.org/bibliography/1951.
- Stansfield, Charles A., Jr. Vacationing on the Jersey Shore: The Past and Present, with a Guide to the Beach Resorts. Mechanicsburg, Penn.: Stackpole Books, 2004. ISBN 0-8117-2970-2.