Víctor Moscoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Víctor Moscoso
Victor Moscoso, psychedelic poster and comix artist.jpg
Victor Moscoso
Nacemento1936 e 28 de xullo de 1936
 Oleiros
NacionalidadeEstados Unidos de América e España
Alma máterUniversidade Yale
Ocupacióndebuxante de banda deseñada, artista de banda deseñada e deseñador
PremiosInkpot Award, Clio Awards e AIGA Medal
editar datos en Wikidata ]

Victor Moscoso, nado en Oleiros o 28 de xullo de 1936[1], é un artista estadounidense, recoñecido pola súa produción psicodélica e cómics underground nos anos 60 e 70 en San Francisco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De orixe galega, estudou primeiro na Cooper Union de Nova York, logo na Universidade Yale e despois no Instituto de Arte de San Francisco, onde tamén foi mestre.

Moscoso foi o primeiro artista con formación académica e experiencia que se expresou con pósters rock, sendo tamén dos primeiros que usou fotos nas súas obras. Viuse influenciado por pintores como Josef Albers, un dos seus mestres en Yale.

As súa pezas son incluídas tanto en obras de músicos de sona internacional como en animacións para a televisión polas cales recibiu numerosos premios, ao igual que o seu traballo en cómics underground.

Reside en San Francisco.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gary Groth (9 de febreiro de 2011). "An Interview with Victor Moscoso". The Comics Journal (en inglés). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]