Víctor Dorrego Queizán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Víctor Dorrego Queizán
Nacemento1908
Lugar de nacementoCastroverde
Falecemento29 de outubro de 1936
Lugar de falecementoPortomarín
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfuncionario e político
editar datos en Wikidata ]

Víctor Dorrego Queizán, nado en Castroverde cara a 1908 e finado en Portomarín o 29 de outubro de 1936, foi un funcionario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Funcionario do Corpo de Motoristas Vixiantes de estradas do Ministerio de Obras Públicas foi destinado a Lugo en 1933,[1] foi xefe de vilxilancia de estradas en Santiago de Compostela (1934).[2] Afiliado ao PSOE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 31 de xullo e ingresou na Prisión Provincial de Lugo. O 29 de outubro foi posto en liberdade na cadea de Lugo e ese mesmo día foi asasinado no camiño de Torrentes xunto á capela de Cortapezas (Portomarín), xunto con Severino Rivas Barja.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de la verdad, 18-6-1933, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 26-4-1934, p. 12.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]