Víctor Cucurull

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVíctor Cucurull

(2011) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ca) Víctor Cucurull i Miralles Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
Rubí Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaCatalanismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Barcelona - Licentiate in Geography and History (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxestor cultural , activista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Participou en
26 de xaneiro de 2020Q84360016 Traducir
11 de setembro de 2014Catalan Way 2014 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm8514680 Twitter: VictorCucurull LinkedIn: víctor-cucurull-b8633719 Editar o valor em Wikidata

Víctor Cucurull Miralles, nado en Rubí, Barcelona,[1] é un pseudohistoriador catalán,[2] membro do secretariado da Assemblea Nacional Catalana (ANC),[3] membro do Institut Nova Història e Presidente da Fundación Sociedad y Cultura. En 1980, foi candidato ó parlamento de Cataluña pola circunscrición de Barcelona, ocupando o Nº 17 na lista do partido Unión de Centro Democrático, baixo o nome de "Centristas por Cataluña". Posteriormente foi xirando cara a unha ideoloxía máis catalanista. Como membro da ANC, foi o ideólogo da manifestación masiva do 11 de setembro de 2014 na que se formou unha V en Barcelona, reclamando a independencia de Cataluña.

En xaneiro de 2020 foi un dos primeiros asinantes do manifesto en apoio a Quim Torra titulado manifest en suport al MHP Quim Torra i a les institucions de Catalunya, cuxa redacción proclamaba que «o presidente non se toca».[4]

Teorías sobre a historia de Cataluña[editar | editar a fonte]

Fíxose famoso polas súas apacicións en actos da ANC e por impartir varias conferencias, baixo o patrocinio do Institut Nova Història, nas que divulga unhas teorías "extravagantes" sobre a súa visión catalanista da historia ("as orixes da nación catalá remóntanse ó século VII a. C." e que foi "a primeira nación do mundo", "os Tartessos teñen a súa orixe na cidade tarraconense de Tortosa", "Roma non comezou a ser a capital que foi, ata que non entraron os cataláns", "o descubrimento de América non se levou a cabo por españois, senón por cataláns", "Cataluña foi a nación máis importante do mundo dende finais de século XV até a metade do século XVI", "O Quixote foi escrito inicialmente en catalán"...), así como de personaxes históricos (San Ignacio de Loyola, Cristovo Colón, Américo Vespucio, Miguel de Cervantes e Santa Tareixa de Xesús entre outros).[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]