Väinö Junus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVäinö Junus

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1905 Editar o valor em Wikidata
Pokizen-Purskaya, Rusia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte15 de novembro de 1937 Editar o valor em Wikidata (31/32 anos)
San Petersburgo, Rusia Editar o valor em Wikidata
Catedrático
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLingüística Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónlingüista Editar o valor em Wikidata

Väinö Junus (ruso: Вейно Иванович Юнус) nado en Puutosti en 1905 e finado en Leningrado15 de novembro de 1937, foi un lingüista, escritor e profesor da minoría finlandesa de Ingria que en 1930 desenvolveu a efémera lingua literaria ingria.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Väinö Junus naceu nunha familia labrega. Formouse como profesor da escola finlandesa en Gatchina e traballou como profesor na Carelia soviética e na rexión de Leningrado. Máis tarde completou a súa formación no Instituto Pedagóxico de Leningrado, e na Universidade de Leningrado realizou estudos de posgrao so a dirección de Nikolai Marr e Dmitri Bubrih. Tras rematar foi profesor no Instituto Pedagóxico de Leningrado[1] e realizou traballos de investigación no Instituto de Lingua e Pensamento[2].

En 1932 Junus preparou con Dubovi e Lensun unha cartilla escolar ingria, e no ano seguinte realizou dous libros con lecturas para as escolas ingrias. En 1936 apareceu  a súa gramáticaIzhoran keelen grammatikka. Nos primeiros libros empregou como base o dialecto de Soikkola pero a gramática de 1936 incluía tamén moitas características do dialecto do baixo Luga, variedade máis achegada ao vótico. Os seus libros de textos tamén amosan moita influencia da norma finlandesa[3].

Ademais da lingüísicta, Junus tiña interese nas artes visuais. Ilustrou entre outros traballos a edición finlandesa de Kiimasjärven valtaus publicada en Leningrado en 1934 da obra de Gennadi Fish Padenije Kimasozera (1933) mais a edición finlandesa tamén publicada en Leningrado de Osudy dobrého vojáka Švejka za světové války de Jaroslav Hašek.

Durante a represión stalinista as autoridades soviéticas detivérono en setembro de 1937 acusado de actividades contrarrevolucionarias e condenárono a morte, sentenza executada por fusilamento .

Notas[editar | editar a fonte]