Uxmal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cidade prehispánica de Uxmal
Uxmal01-panorama.jpg
Panorámica do conxunto arqueolóxico
Uxmal adivino 03.jpg
A pirámide do adiviño
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísFlag of Mexico.svg México
Localización20°21′34″N 89°46′17″O / 20.35944, -89.77139
TipoCultural
CriteriosI, II, III
Inscrición1996 (20ª sesión)
Rexión da UNESCOLatino América e o Caribe
Identificador791

Uxmal era unha antiga cidade maia localizada a 78 Km ao sur de Mérida, capital do estado de Iucatán en México. Sobresae pola súa monumentalidade, sendo a segunda máis visitada do estado, despois de Chichén Itzá.

O nome Uxmal ao parecer é o topónimo do maia iucateco ox, que quere dicir "tres veces", facendo referencia a un labor que se repite. Por iso, o significado de Uxmal podería ser "construída ou ocupada tres veces"

Na zona sobresaen:

  • As estruturas do pazo do gobernador.
  • A pirámide do adiviño (con case 40 metros de altura).
  • O cuadrilátero das monxas.
  • O pombal.
  • O xogo da pelota.

A ocupación de Uxmal prodúcese no 800 a.C., segundo fragmentos de cerámica atopados na zona, até o ano 1200 cando se produciu unha repentina caída do desenvolvemento económico rexional que desembocou no abandono da cidade.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]