Usuario:Saloumoi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Casas[editar | editar a fonte]

Autora Paula Carballeira
Orixe Galicia
Lingua Lingua Galega
Xénero(s) Narrativa e Poesía
ISBN 978-84-15165-70-5

Obra[editar | editar a fonte]

Casas é un libro de Paula Carballeira, a 1ª edición  foi publicada en 2012 e a 2º o ano seguinte, en 2013, ambas pola editorial Tambre (Edelvives) na colección Ala Delta. [1]

A autora dedícase a contar e interpretar historias, como actriz ou como narradora, publicou obras de diferentes xéneros: narrativa, teatro e poesía. Nesta obra recóllese unha escolma de vinte e un capítulos, nos que Carballeira combina dous xéneros, a narrativa e a poesía.

Tema[editar | editar a fonte]

Como indica o título, o tema do conxunto de relatos que compón a obra[1] son as casas, como obxecto de análise e reflexión.

Capítulos[editar | editar a fonte]

Relatos de narrativa[editar | editar a fonte]

·        1. “A miña casa”: relato ficticio que conta a personalidade e os sentimentos que teñen as casas.

·        3. “Casa abandonada”: conta a historia dunha princesa e a súa casa.

·        5. “Casa Amparo”: fala dunha casa que che aparece cando estás perdido nun monte e do trato que da aos convidados a súa anfitrioa.

·        6. “A casa-piso”: un rapaz conta as súas accións e sentimentos de cada mañá.

·        8. “A casa con patas”: unha avoa transforma a súa casa con maxia.

·        10. “A casa de ladrillo”: cóntase unha historia da vida dun porquiño nunha casa de ladrillo.

·        12. “A casa-tobo”: conta a historia dunha familia que tivo que vender a sua casa e crear unha nova debaixo da terra.

·        14. “A casa de bonecas”: conta a historia dunha casa de bonecas que pertencía a dous irmáns. Primeiro foi un xoguete e cando perdeu uso cobrou vida.

·        16. “A casa de palla”: conta a historia da primeira muller que houbo no mundo e como construiu a súa casa.

·        17. “A casa de acollida”: conta a historia dunha cadela que foi abandonada e chegou a unha casa de acollida onde vivían máis cans e cadelas na súa situación.

·        19. “A casa con piscina”: reflexiónase sobre as casas que teñen piscina e a felicidade que transmite aos que viven nela.

·        20. “A casa das estrelas”: conta a historia de dúas estrelas que precisan axuda porque chegaron á Terra perdidas.

Relatos de poesía[editar | editar a fonte]

·        2. “Coa casa ás costas”: fala das vantaxes de que as tartarugas vivan coa súa casa ás costas.

·        4. “A casa-niño”: conta a historia dun home que construiu un niño nunha árbore para vivir nel.

·        7. “A casa do cuco”: o cuco reflexiona sobre a liberdade.

·        9. “A casa de papel”: contan as vantaxes de que as paredes das casas sexan de papel.

·        11. “A casa-haima”: explícase qué é unha casa haima e a posibilidade de sitios nos que podes vivir nela.

·        13. “A casa-iglú”: conta como é a vida nun iglú e o que fan os seus habitantes dependedo do clima.

·        15. “A casa-barco”: relato de poesía que conta a historia dunha nena e seu avó e a paixón que compartían pola carpintería.

·        18. “A casa de refugallo”: conta o por que de facer unha casa con materias de refugallo.

·        21. “A volta á casa”: conta o contenta que está a protagonista por ter unha casa e que esta lle garde todas as súas cousas e os seus recordos.


  1. 1,0 1,1 Carballeira, Paula 1972- (D.L. 2012). Casas. [Vigo]: Tambre. ISBN 978-84-15165-70-5. OCLC 828279662.