Usuario:Norrin strange/Portal:Irlanda/En destaque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
1=Título del recuadro

A selección de rugby de Irlanda representa á illa de Irlanda en rugby unión, o cal é un deporte popular tanto na República de Irlanda como en Irlanda do Norte, aínda que só é o deporte dominante en limitadas zonas xeográficas. Irlanda compite anualmente no Torneo das Seis Nacións (o cal gañaron dez veces de pleno dereito é outras oito compartindo o trofeo) e no Campionato Copa do Mundo de Rugby cada catro anos, onde foron eliminados en cuartos de final en todos excepto en dous (1999 e 2007). Forman parte así mesmo dos British and Irish Lions (un combinado formado por xogadores de tódalas nacións das Illas Británicas que xoga partidos de exhibición cada certo tempo). Oito antigos xogadores Irlandeses forman parte do Salón da Fama Internacional do Rugby (IRHOF), ademais Jack Kyle acadou a súa presenza no IRB Hall of Fame.