Usuario:Manolofreiria/Notas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Copa de vermú.
Vermús de diferentes cores.

O vermú[1] (do francés vermout ou vermouth e estes de o alemán wermut, ‘asente’) é unha bebida alcólica que se toma antes do xantar, e que adoita acompañarse dunha comida lixeira ou petisco[2]. Elabórase con viño e aromatízase con substancias vexetais maceradas do xénero Artemisia, cunha graduación alcólica comprendida entre 15° e 20°. Adoita comporse de viño branco, asente e outras substancias amargas.[3] Estes viños son tipicamente europeos, cun aroma característico que lles dá unha elegancia particular para un cóctel ou aperitivo. Xeralmente pódese atopar dous tipos: vermello e branco.

O vermú vermello (italiano) é doce; en tanto que o branco (francés) é seco, con maior grao alcólico.

Historia[editar | editar a fonte]

Segundo un relato, estas bebidas foron inventadas por Hipócrates, sonado médico e filósofo da antigüidade, nacido o 460 a. C. Puxo a macerar en viño flores de asente e follas de fraxinela (Dictamnus albus) e obtivo o que na Idade Media foi chamado «viño hipocrático» ou, sinxelamente, «viño de herbas».

A partir de finais do século XVIII, coa chegada de nova tecnoloxía, o viño aromatizado entrou nunha nova dimensión de produtividade, na que destacou a experiencia dos pioneiros piemonteses, mais foi en 1838, cando por mérito dos irmáns Luigi e Giuseppe Cora, a preparación do vermú adquiriu un carácter industrial.

Co paso do tempo a palabra adquiriu tamén un sentido xenérico para definir o aperitivo –calquera bebida cuns petiscos– previo á comida. De aquí provén a expresión «quedamos para tomar o vermú?».[4]

Composición e elaboración[editar | editar a fonte]

O vermú vermello está composto por máis de 40 extractos de herbas, raíces, flores, especias e froitas. Todas estas esencias mestúranse cun pouco alcol no tamburo, un recipiente que dá dúas voltas ao día durante dúas semanas. Tras este proceso engádese o viño e o azucre e déixase repousar.[5] Algunhas das herbas, (chamados botánicos nos ámetos da destilación e maceración) que se usan para aromatizar e saborizar este viño son:

Nome Binario Galego English Espanhol Parte Útil
Angelica sylvestris
Anxélica brava
Angelica
Angelica
Raiz. Ocasional semente
Artemisia absinthium
Absintio
Ajenjo
En desuso [6]
Artemisia vulgaris
Artemisa menor
Artemisa menor
Cinnamomum zeylanicum
Caneleira
Cinnamon
Canela
Cortiza
Citrus aurantium Linn. var. amara
Laranxeira amarga
Bitter orange
Naranja Amarga
Pel
Citrus Limon L.
Limón
Limón
Citrus x Sinensis
Laranxa
Naranja
Cnicus benedictus
Cardo santo
Blessed thistle
Cardo
Partes aéreas e sementes.
Coriandrum sativum
Coandro
Coriander
Cilantro
Sementes
Gentiana lutea
Xanzá
Genciana
Lavandula Spp
Lavanda
La banda ;-)
Marrubium vulgare
Marroio
Common horehound
Marrubio
Partes aéreas
Matricaria chamomilla/Matricaria recutita)
Macela, Camomila
Manzanilla
Myristica Spp
Noz moscada
Nuez Mosqueada
Origanum majorana)
Maiorana
Mejorana
Origanum vulgare
Ourego
Orégano
Pimpinella anisum
Anís
Aníse
Anís
Sementes
Prunus amygdalus
Amendoa
Bitter almond
Almendra amarga
Semente
Pulmonaria officinalis
Herba dos bofes
Pulmonaria
Rosmarinus officinalis
Alecrín
Romero
Salvia officinalis
Salvia
Salvia
Sambucus nigra
Sabugueiro, Bietieiro
Saúco
Syzygium aromaticum
Craveiro da India
Clove
Cravo
Frol
Viola tricolor
Herba da trindade
Pensamiento
Zingiber officinale)
Xenxibre, Sinxebra
Gengibre

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome galego segundo o Dicionario da Real Academia Galega
  2. Definición en Dicionario de alimentación e restauración, VV.AA. Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  3. vermut, Diccionario Panhispánico de Dudas: «vermú.
  4. Muy Interesante. "¿Cuál es el origen del vermú?". Consultado o 27 de decembro de 2009. 
  5. Nines Mínguez (marzo de 2010). "La hora del vermú". Muy interesante (346): 88. 
  6. Vermouth Production Technology –An overview, VV.AA. Natural Product Radiance, Vol. 8(4), 2009, pp.334-344. Consultado 2018/07/30

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]