Herba dos bofes
Herba dos bofes | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Ilustración da herba dos bofes | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Pulmonaria officinalis' L., 1753 |
A herba dos bofes ou pulmonaria (Pulmonaria officinalis) é unha planta herbácea perenne da familia das boraxináceas (Boraginaceae), de follas pecioladas e flores en acios. Atópase nos claros dos bosques, nas zonas avesías. Utilízase en forma de infusión para o tratamento da tose, bronquite e dores de gorxa e afonía, ademais ten poder antiinflamatorio xa que contén salicina.
O nome botánico Pulmonaria deriva do latín pulmo. Nos tempos da maxia simpatética, as follas ovais manchadas de P. officinalis representaban a enfermidades simbólicas, pulmóns ulcerados, e por iso utilízase para tratar infeccións pulmonares. En moitos idiomas o seu nome común está asociado ao pulmón, como no galego: herba dos bofes (pulmóns dos animais), no inglés "lungwort", e no alemán "lungenkraut". Noutras linguas da Europa do Leste, o nome común deriva dunha palabra para mel, por exemplo en ruso "medunitza" ou en polonés "miodunka".
Hábitat[editar | editar a fonte]
Espállase polo centro e occidente de Europa en zonas húmidas de cavorcos, abas, bosques de ribeira, noiros de camiños, terreos hermos e en bosques. Na península ibérica está amplamente espallada por todo o territorio en zonas húmidas até os altos vales dos Pireneos e doutras montañas
Principios activos[editar | editar a fonte]
Esta planta contén taninos entre o 10,27% e 10,67%. Materias graxas compostas de ácidos estearínico, palmitínico e miristínico. Ácidos resínicos, alcol cerílico, fitoesterina, flobafeno, azucre invertido, polisacáridos...
As cinsas son ricas en sales de potasio e calcio, así como en ácido silicílico. Tamén ten unha substancia de carácter saponínico que pode provocar hemólises febles.
Virtudes[editar | editar a fonte]
As partes aéreas da planta en floración apáñanse con fins medicinais (sumidades floridas e follas) cortándoas un pouco por riba do nivel do chan e se enxugan a unha temperatura non superior aos 45 °C.
Úsase en forma de infusión para o tratamento da tose, tose ferina, bronquite e as dores de gorxa e rouquén. Ademais é sudorífica, antiinflamatoria e diurética. A decocción ao 10 % emprégase coma desinfectante, emoliente e antiinflamatoria de feridas.
O cocemento dun bo feixe da planta deixando que ferva un cuarto de hora, tómase en catro cuncas ao día para facilitar a expectoración e fluidificar os esgarros.
Tamén se recomenda nas diarreas, hemorroides e afeccións da vexiga urinaria.
Historia[editar | editar a fonte]
Esta planta, como outras que medran no Centro e Occidente de Europa, non figuran nos escritos da antigüidade. A primeira noticia sobre ela dáa Mattioli na súa obra na edición de 1548.
Etimoloxía[editar | editar a fonte]
O seu nome popular, pulmonaria débese á aparencia das súas follas coas tacas brancas, que lembran vagamente aos pulmóns. O outro nome vulgar galego: herba dos bofos ten o mesmo significado, xa que bofo é o pulmón dos animais.
Basónimo:Pulmonaria officinalis
Sinonimia:
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Herba dos bofes |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Herba dos bofes |