Usuario:Elisardojm/Adriana Urbina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAdriana Urbina
Biografía
NacementoCaracas, Venezuela.
Datos persoais
ResidenciaNueva York
Actividade
OcupaciónChef
Premios
Primeiro posto do Food network´s Competition "Chopped"


Adriana Urbina nada en Caracas, Venezuela, é unha chef e consultora gastronómica venezolana. Foi a gañadora no primeiro lugar do Food network´s Competition Chopped e fundou o restaurante Tepuy situado na cidade de Nova York.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Adriana Urbina comezou a súa carreira á idade de 12 anos cando finaliza os seus estudos culinarios en L'Ecole de Cuisine Alain Ducasse en Francia e posteriormente ao regresar á súa cidade natal, Caracas, ingresou no Instituto Culinario de Caracas, fundado polos chefs Sumito Estévez e Héctor Romero.[1]

Logo de traballar en varios restaurantes venezolanos, consegue o seu primeiro emprego "internacional" como aprendiz no restaurante Martín Berasategui con tres Estrelas Michelín situado en España. Tamén traballou en restaurantes como o Mugaritz (España), o Atenas (Nova York) con dúas Estrelas Michelín e o Rougue Tomate (Nova York e Bruxelas) cunha Estrela Michelín.[2] Máis recentemente resulta gañadora do Food network´s Competition "Chopped" obtendo o primeiro lugar e un premio de $10.000 .

Fundou o seu restaurante Tepuy na cidade de Nova York, onde reside actualmente. Inicia co innovador estilo pop-up, un concepto aplicado a tendas e restaurantes onde o espazo deixa de ser fixo para converterse en itinerante e temporal.[3] O establecemento recibiu o recoñecemento como "Mellor lugar venezolano para comer en Nova York" no ano 2015 polo Eater New York Times; “A través diso, a xente de Food Network atopoume para o reality” comenta Urbina nunha entrevista para Analítica.[4] A esencia dos seus pratos son os ingredientes básicos na comida venezolana, xa que ten como aspiración levar os seus coñecementos a Venezuela, “O meu soño dourado é facer o máis que poida aquí e logo ir a Venezuela. Levar todas as miñas aprendizaxes para alá” así comenta Urbina nunha das súas entrevistas.[4]

Logo de gañar o concurso faise contribuínte das organizacións Comparte por unha Vida, que se encarga de colleitar fondos para chegar á maior cantidade de hospitais, casas e escolas en Venezuela que non conten coa posibilidade de alimentar aos nenos que alí se atopen, e Acción Humanitaria por Venezuela, que se encarga de garantir comida e medicamentos para nenos.[5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Adriana Urbina" (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2018. 
  2. "Trayectoria". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2018. Consultado o 9 de marzo de 2018. 
  3. Universitat Oberta de Catalunya (ed.). "'Pop-up', un nuevo concepto de tiendas y restaurantes" (en castelán). Consultado o 9 de marzo de 2018. 
  4. 4,0 4,1 "Adriana Urbina, la venezolana que ganó el show de cocina “Chopped”". Analitica.com (en castelán). 20 de marzo de 2017. Consultado o 9 de marzo de 2018. 
  5. "LA FUNDACIÓN | Comparte por una vida" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2018. Consultado o 9 de marzo de 2018. 
  6. "Programa de Ayuda Humanitaria para Venezuela" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2018. Consultado o 9 de marzo de 2018.