Urmas Sisask

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaUrmas Sisask

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de setembro de 1960 Editar o valor em Wikidata
Rapla, Estonia Editar o valor em Wikidata
Morte17 de decembro de 2022 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstonia Editar o valor em Wikidata
EducaciónTallinn Music High School (en) Traducir
Estonian Academy of Music and Theatre (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica, obra/composición musical, liturgical music (en) Traducir e peza musical Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncompositor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor em Wikidata
ProfesoresRené Eespere (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua estoniana Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsSiiri Sisask (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Spotify: 47ZwWwHo8DKHvZUcwq1fR4 Musicbrainz: 09a9f614-52e7-40bc-9d11-f9d806c1775d Discogs: 875249 Allmusic: mn0001279361 Editar o valor em Wikidata

Urmas Sisask, nado en Rapla o 9 de setembro de 1960 e finado o 17 de decembro de 2022,[1] foi un compositor estoniano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou composición na Escola de Música de Talin con Anatoli Garšnek, René Eespere e Matt Kuulberg con especial interese polo canto gregoriano e a música barroca, e en 1985 graduouse no Conservatorio Estatal de Talin.

O seu estilo era ecléctico; moitas das súas creacións estaban inspiradas na astronomía: baseándose nas traxectorias dos planetas do sistema solar creou a que denominou escala planetaria[2], un modo musical baseado nas notas dó#, re, fa#, sol# e la. A maioría das súas pezas compúxoas para coros mixtos, a máis famosa Gloria Patri e entre as creadas para coros masculinos salienta Reekviem Eesti vabaduse eest langenute mälestuseks, un dos seus traballos máis recoñecidos[3]. Tamén realizou traballos para osquestra, piano e clarinete e numerosas pezas sacras, que tamén evocan vividamente o seu interese pola cosmoloxía[4]. Son numerosas as súas colaboracións con casas editoras e discográficas: aínda que a maioría das súas obras saíron con Edition 49, outras editáronas Harmonia Mundi, Fennica Gehrman, Finlandia music etc., e colaborou tamén con Radio France, Philharmonic Chamber Choir dirixido por Paul Hiller, Eesti Filharmoonia Kammerkoor dirixido por Anne-Liis Treimann ou Eesti Riiklik Sümfooniaorkester.

Escribiu máis de 150 obras, aproximadamente un terzo baseadas na astronomía[5], e editou 14 CD coa súa obra e outros 40 inclúen algunha peza súa. Tamén participou na banda sonora do filme alemán Der Krieger und die Kaiserin e no teatro musical, en obras como a ópera infantil Kuri kuningatütar (1985) ou Viimane mägi (2009). Está considerado un dos compositores estonianos máis influentes[6]. Sisask traballou como profesor de música e director de coro na localidade de Jäneda.

Urmas Sisask nunha clase maxistral nunha escola de verán en 2008

Obras[editar | editar a fonte]

  • 19801987 Tähistaeva tsükkel, para piano
  • 1988 Gloria Patri 24 himnos sacros para coro mixto a capella: Surrexit Christus - Omnis una - Alleluia - Benedicamus - Laudate Dominum - Kyrie - Deo gratias - Pater noster - Sanctus - Stabat Mater dolorosa - Ave Maria - Credo - O sanctissima - O salutaris Hostia - Ave verum Corpus - Libera me - Dominus vobiscum - Surrexit Dominus - Confitemini Domino - Tempore natalis Domini - Ave Regina caelorum - Gloria tibi, Domine - Oremus - Agnus Dei
  • 1989 Plejaadid, para piano
  • 1990 Linnutee galaktika, piano a catro mans
  • 1991 Andromeda galaktika, para piano
  • 1992 Kiitkem sudamest Mariat, coro masculino
  • 1992 "Jõuluoratoorium", oratorio
  • 1993 Magnificat
  • 1994 Missa Nr. 1
  • 1995 Sümbiootiline Sümfoonia
  • 1995 Komeet Hyakutake, para orquestra e percusión
  • 1998 Reekviem Eesti vabaduse eest langenute mälestuseks, para coro masculino e orquestra sinfónica
  • 1998 Ave Sol
  • 1999 Missa Nr. 4 op. 46: Jõulumissa, misa de Nadal
  • 2000 Põhjanael
  • 2001 Leoniidid, concerto para frauta e orquestra
  • 2002 Universumi hääled op. 88, para 4 pianos para 16 mans
  • 2002 Benedictio, para coro mixto
  • 2002 Sirio, para piano a catro mans
  • 2003 Pro Patria, oratorio para soprano, coros, e orquestra.
  • 2007 Sümfoonia Nr. 3
  • 2008 Veni Creator Spiritus
  • 2012 Eivere tähed
  • 2013 Elu Plejaadide taga
  • 2015 Kvasarid
  • 2015 Laulame Soome linnadest
  • 2016 Floret Silva Nobilis

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Suri helilooja Urmas Sisask". Kultuur. 17 de decembro de 2022. Consultado o 17 de decembro de 2022. 
  2. David Michael Edmonds(2012) Music of the Spheres: Astronomy and Shamanism in the Music of Urmas Sisask University Of North Texas, p. 7
  3. "Urmas Sisask" en Eesti Muusika Infokeskus
  4. Nick Strimple (2002) Choral Music in the Twentieth Century. Amadeus Press: New Jersey, p. 167
  5. José Antonio Caballero "Urmas Sisasks" Astronomía 168, xuño de 2013, p. 75
  6. Urmas Sisask en Discogs

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]